Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
4 talleres prácticos no Congreso Flúor
Para finalizar a última xornada do Congreso Flúor, tivemos 4 talleres. O primeiro deles, impartido por Sergio Redondo, Consultor en Grupo Raíz, tratou sobre a importancia de ter unha boa arquitectura web de cara ao posicionamento en Google e como WordPress nos pode axudar a construír a arquitectura da nosa web.
Segundo Sergio Redondo, unha boa arquitectura web debe seguir estas premisas: poucos niveis de profundidade; categorización ben definida; que permita una correcta transmisión do linkjuice; que non existan seccións orfas e evitar duplicidades.
Respecto aos URL deben ser semánticos, contar cunha selección de rutas lóxicas e ordenadas e ser doados de recordar.
A data de Amazon mellorará a conversión do teu marketplace
No segundo dos talleres, José Rodríguez, Director de Marketing Dixital de Avante Medios, explicou as diferentes opcións publicitarias de Amazon Ads e Amazon DSP, explorando todas as posibilidades de marketing no principal Marketplace. E é que un 80% dos españois que compran de forma online inician as súas buscas en Amazon, polo que esta se convirte nunha ferramenta destacada para conseguir a conversión.
Actualmente, o 70% dos consumidores prefiren realizar as súas compras a través da rede. Como exemplo deste auxe, nos últimos meses logrouse aumentar o target de idade e o número de transicións de forma exponencial.
A través das diferentes opcións dispoñibles de compra programática como Link Out e Link In, podemos conseguir novas canles de vendas, aumentar os ingresos, ampliar o noso mercado e a nosa zona de influencia. Amazon permítenos aproveitar a súa data e combinala coas nosas BBDD mediante o Hashed Data.
Como crear e optimizar unha campaña en Facebook Ads
Na quenda da tarde, Sonsoles Fariña, Responsable do departamento de marketing de iconweb, deu conta de como funciona a plataforma de Facebook Ads e descubrimos os conceptos necesarios para crear campañas e sacarlles o máximo rendemento.
Un 87% das persoas entre os 16 e os 65 anos usan as redes sociais, e estas persoas invisten unha hora e media do seu tempo nelas, sendo as maioritarias Facebook e Instagram. Seguindo cos datos, o 34% dos usuarios aceptan de bo grado a publicidade orientada aos seus gustos e necesidades, polo que invertir en anuncios é útil e rendible.
Se queremos deseñar unha campaña con Facebook Ads a clave está en combinar diferentes formatos para ver cal nos funciona mellor. A iso hai que sumarlle un bo copy e un call to action para ter un bo anuncio. Pensa nestas 10 claves:
- Instalar o Pixel Facebook
- Crear audiencias con intereses, de retargeting e similares
- Estruturar ben a campaña
- Empregar tempo no deseño dos anuncios
- Optimizar orzamento
- Nunca borrar
- Contar cunha web e unha landing page ben definidas
- Analizar as métricas que máis nos interesen
- Facer test
- Experimentar
Fidelización de clientes, análise, estratexia e automatización
Para finalizar, Sergio Pereira, Responsable de intelixencia de clientes de BySidecar, falou da necesidade da fidelizar aos nosos clientes recopilando, analizando e estraendo insights da base de datos para deseñar estratexias que nos permitan nutrir a relación cos nosos clientes. O obxectivo: convertir clientes en embaixadores de marca.
Segundo Sergio Pereira un cliente fidelizado merca máis que un novo cliente e atraer un novo cliente é máis caro que fidelizalo, polo que as oportunidades son enormes. A recopilación e análise de datos é fundamental para nutrir a relación cos clientes, personalizar campañas e automatizar as comunicacións que facemos.
Se seguimos todas as etapas do proceso (atracción, venda, repetición, relación, experiencia, retención e engagement) conseguiremos que os nosos clientes se convirtan en embaixadores de marca.
Para rematar, Sergio Pereira concluíu que o marketing non pode vivir sen o Marketing Automation.
Graciñas aos catro por participar nestes talleres e compartir todos os vosos coñecementos con nós.
E graciñas tamén aos membros do Comité Técnico de Flúor que coa súa implicación e esforzo lograron que o Flúor siga sendo un evento de referencia congregando a case 900 espectadores. E como non, aos patrocinadores polo seu apoio: Concello de Pontevedra, Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, iconweb, Roi Scroll, Avante Medios, Bysidecar, dinahosting, Deputación de Pontevedra, Cactus Digital, Miraveo, Redegal e ao Clúster da Comunicación.
Info procedente de @Extradixital