Os profesionais do marketing en Galicia destacan como algúns dos máis optimistas do país segundo a enquisa elaborada por AMKT con Markea

A atribulada vida de fracasos (e algún éxito) dun maketero
Alberto Granada regalounos unha charla memorable chea de sabedoría e humor hai uns días, en Vigo. Lembrounos que nesta apaixoante profesión, sempre haberá quen queira atribuírse os éxitos, pero nos momentos de fracaso, sentirás a soidade do adestrador de fútbol. Esta analoxía ilustra perfectamente a travesía chea de altibaixos que é o mundo do márketing. Esta é a atribulada vida dun marketer.
Durante a súa presentación, Alberto explorou unha ampla gama de temas cos que todos estamos familiarizados. Desde os desafíos das contornas cambiantes e os orzamentos “top” ata a complexidade de traballar con axencias e a necesidade de converterse nun auténtico home-orquestra. Tamén desentrañou o mundo das campañas “bluf” e como navegar nun mercado cheo de imponderables e “recomendados” da dirección. Desde logo, deixounos claro que a vida dun marketer é de todo menos aburrida.
Pero iso non foi todo. Alberto compartiu seis experiencias notables, seis casos e proxectos que nos levaron a reflexionar sobre a importancia da capacidade de reaprender e reinventar solucións en cada novo desafío. Esta habilidade vólvese crucial no ámbito profesional, onde a adaptabilidade é a clave para o éxito.
A audiencia gozou moitísimo da charla, e non é para menos. A súa capacidade para transmitir valiosas leccións a través de historias reais é enriquecedora e estimulante.
Nun mundo en constante cambio, a capacidade de adaptación e a aprendizaxe continua convértense en activos fundamentais para calquera profesional.
Grazas Alberto pola tua disposición sempre e por amosarnos a realidade dunha verdadeira vida atribulada dun marketer.
E grazas ao Círculo de empresarios de Galicia por acollernos sempre tan amablemente.
E por suposto aos nosos compañeiros do Cluster da Comunicación de Galicia.