O III MarkeaFest é a nosa cita anual co territorio e o marketing: un lugar, a xente e a sensación de estar exactamente onde había que estar.
A “experiencia de marca” protagonista no foro Customer Experience
o evento celebrado pola asociación de alumnos da escola de negocios Afundación, abordou a xestión da experiencia do cliente dende diferentes ópticas e ferramentas, como o customer journey, a xestión das experiencias online ou como se traduce na conta de resultados o investimento realizado na experiencia de cliente.
Entre os participantes do evento, o nos compañeiro, José Cabanas, director estratéxico de Marketing de Estrella Galicia, destacou a importancia deste tipo de estratexias que redundan na marca, tanto no seu valor tanxible como intanxible, algo que, subliñou, na actualidade é imprescindible na armazón empresarial.
