skip to Main Content
Antolin Jorge álvarez

A importancia da marca no proceso de transformación dun sector

Apaixonante afterwork o que tivemos no día de onte. Jorge Álvarez-Naveiro, Director Corporativo de Marca, Marketing e Alianzas de Grupo Antolin contounos como a compañía está transformando o seu negocio para liderar os cambios que se están producindo no sector do automóbil. O obxectivo do Grupo Antolín está claro: consolidarse como unha empresa máis innovadora, dixital e sostible.

Durante estes anos Antolin está vivindo unha evolución cara a marca InAntolin, que representa o ADN da empresa e os seus valores.

Para que vos fagades unha idea do tamaño da empresa burgalesa, no 2019 logrou unhas vendas de 5214 millóns de euros, ten máis de 150 fábricas, teñen 117 nacionalidades dentro da súa plantilla e 30.000 colaboradores.

As pezas que constrúe Grupo Antolin (teitos, portas, iluminación, cockpits e sistemas electrónicos) están presentes nos 5 vehículos máis vendidos do mundo e equipan a máis de 700 coches.

Jorge Álvarez e Amalia Baltar, moderadora do afterwork

Os principais hitos destes últimos anos do Grupo Antolín foron a reformulación no 2017 da súa visión e valores, no 2018 foi publicado o Plan Director de Sostibilidade e no 2020, lanzamento da UdN de sistemas integrados de tecnoloxía e electrónica. E todo nun entorno VUCA (Volatilidade, Incertidume, Complexidade e Ambigüidade), de disrupción e de cambios constantes que definen ao sector automobilístico.

Antolin ante a transformación da industria

Segundo indicou Jorge, Antolin quere acompañar aos seus clientes no proceso de transformación dende un lugar privilexiado, o interior do vehículo, ofrecendo unha mellor experiencia de viaxe ao pasaxeiro.

O obxectivo de Antolin é posicionarse no mercado como un provedor global de solucións tecnolóxicas para o interior do automóbil. A marca aposta por un modelo de negocio sostible que poña no centro aos seus propios traballadores, colaboradores, provedores e inversores.

Jorge Álvarez

Desde o interior para o interior

Desde o interior para o interior Grupo Antolin constrúe o relato da súa marca creando vehículos intelixentes, integrando solucións, co talento interno e para o interior dos vehículos baixo o claim Intelligent, Integrated, Inside: In-Antolin

Parabéns por esta transformación, Jorge, e por construir un relato tan coherente e fiel cos valores que a compañía leva defendendo durante máis de 50 anos.

Non queremos deixar de agradecer ao Cluster da Comunicación a axuda na organización, ao CírculoDircom e Creatividade Galega polo apoio e difusión e a dinahosting polo patrocinio.