skip to Main Content
Afterwork Poder Marcas

A marca como motor do cambio das empresas

Como xestionan as empresas galegas a súa marca? Que papel xoga a marca en termos de negocio? Destas e outras cuestións falamos no afterworkathome deste mércores 24 con Cristina Vicedo, presidenta de AEBrand, a Asociación Española de Branding e CEO de Sincerely e Dani Bembibre, vocal de AEBrand en Galicia e Socio e Co-fundador de Costa.

Cristina comezou detallando os principais resultados do III Edición do Estudo sobre a Saúde do Branding en España, o informe BrandPulse:

Resultados do BrandPulse

  1. Para as empresas españolas, a súa marca aínda segue sendo unha ferramenta táctica, e non estratéxica
  2. A Alta Dirección aínda non recoñece o peso estratéxico da marca
  3. O 65% dos CEO é responsable da marca, porén, só un de cada tres mide o seu desempeño
  4. Para máis do 60% das empresas, os problemas coas súas marcas débense a axentes externos e non internos
  5. Só un 16% das empresas recoñece ter a figura do “Campión da marca” con presencia na Alta Dirección
  6. O 53% das empresas contan con ferramentas para xestionar a súa marca
  7. Máis do 85% das empresas basea a saúde da súa marca do que xorde en reunións internas
  8. Dous de cada tres empresas monitorizan a súa marca menos dunha vez por ano, e case o 25% nunca o fai
  9. Máis do 75% dos responsables de marca sinalan que a colaboración entre áreas neste tema é entre baixa e nula
  10. Só un 20% das empresas considera que non hai frenos á colaboración entre áreas na xestión das súas marcas
  11. Para a maioría de empresas potenciar a marca vai ligada á súa presenza online
  12. Só a metade das empresas encontra importante explicitar o seu propósito a través da súa marca
  13. Debido á Covid-19 un 60% das empresas están entre forte e totalmente paralizadas
  14. O 42% da inversión para os próximos meses será táctica e basearase na comunicación e RRPP
  15. Neste momento non facer nada gáñalle ao investimento en branding
  16. A futuro, as empresas recoñecen a necesidade de traballar con mellores ferramentas e no seu propósito
Cristina Vicedo

Se eu tivera 8 horas para talar unha árbore, 7 dedicaríaas a afíar unha machada. Abraham Lincoln.

Para as marcas debe ser esencial descubrir cal é o seu propósito, a onde queren chegar, que queren ser.

Cristina Vicedo

Cristina Vicedo rematou a súa intervención afirmando que un dos erros de empresas como BQ foi non ter claro o seu propósito nin construír unha marca aspiracional

A marca, un elemento intanxible de valor incalculable

Dani Bembibre comezou a súa intervención destacando que non podemos imaxinarnos a sociedade sen marcas, forman parte do noso día a día. Temos que entender que na sociedade na que vivimos é importante saber xestionar elementos intanxibles como as marcas. E esta xestión débese facer de forma continuada, non é algo que se fai e se termina, senón que é un fío vertebrador que está en todas partes.

As marcas son o único elemento capaz de apropiarse dun espazo no noso recordo. As marcas non se crean nin se destrúen constrúense. É un dos activos máis potentes das empresas

Dani Bembibre

Para Dani Bembibre a construción da marca dentro da organización non só lle corresponde ao departamento de marketing, senón que toda a organización ten que estar sensibilizada e concienciada en facer marca. O público entende a marca como un todo.

Dani Bembibre

As marcas, máis que nunca, deben ser coherentes e ter un propósito. Se vendes sostibilidade, un produto ecolóxico e natural, non podes empregar plástico no teu packaging, é unha incoherencia total.

Nun mundo hiperconectado, as marcas loitan por conseguir a atención dos consumidores, e só coa atención do consumidor, a marca xa xera valor. Dani Bembibre puxo sobre a mesa o exemplo de Ferrari, que non é a marca que máis vende coches, pero é unha das máis cotizadas.

Graciñas a Dani Bembibre e Cristina Vicedo por todas estas ensinanzas tan importantes sobre as marcas. E graciñas aos máis de 100 asistentes por darnos o voso apoio neste afterworkathome. Contamos con vós para os seguintes!

Non queremos deixar de agradecer ao Cluster da Comunicación a axuda na organización, ao CírculoDircom e Creatividade Galega polo apoio e difusión e a dinahosting polo patrocinio.