Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
A primeira campaña de Markea nos medios
Markea, a Asociación Galega de Marketing, ven de poñer en marcha a súa primeira campaña de comunicación ‘Útil para a túa vida. Rendible para a túa empresa’.
Con ela quérese facer chegar á sociedade galega en xeral a mensaxe da importancia do marketing coma ferramenta positiva e imprescindible para xerar riqueza en Galicia.
En moitas ocasións observamos coma este término se usa de forma pexorativa, por falta de coñecemento sen dúbida, asumindo que o marketing só serve para levantar grandes cortiñas de fume. Cando en realidade é un dos paradigmas que permiten gañar en competitividade e favorecer o éxito das nosas empresas e/ou institucións. E totalmente aplicable á nosa vida cotiá, coma ben ilustra a nosa campaña.
O marketing parte da observación do mercado. Un bo marketing trata de escoitar o que precisamos coma consumidores para crear produtos ou servizos que cubran esas necesidades que temos, e coa lei da oferta e da demanda coma único garante da igualdade de oportunidades de elección.
É preciso sublimar que esta campaña é o resultado e un exemplo de traballo colaborativo entre todos os axentes que compoñen a familia do marketing en Galicia. Nela participaron investigadores, axencias de publicidade, axencias de medios, medios… a todos eles, dende Markea, queremos agradecer a súa aportación. Cada quen no seu ámbito, pero todos cun obxectivo común. ¡Grazas!