Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
A venda, unha consecuencia do marketing
Baixo este título, Xose Luis Reza impartiu unha charla aos empresarios de Ferrolterra.
O obxectivo da mesma era axudar a estes empresarios a entender o valor do marketing como xerador de ingresos para as suas empresas. E para iso, Xosé Luis fixo un repaso polos conceptos mais básicos e debullou as partes dun plan de marketing.
Falou tamén do marketing relacional, e dicir da necesidade de crear relacións a largo plazo cos nosos clientes, unha relación duradeira coma se dun matrimonio se falase. Foi explicando cómo namorar aos nosos clientes e cómo cultivar esa paixón que nos faga ser a primeira elección sempre.
A pesares de ser unha charla de longa duración, estiveron todos moi atentos e agradeceron a multitude de exemplos de diferentes sectores que Reza lles contou.
Tampouco faltaron preguntas, por exemplo sobre a medición da calidade do servicio nas empresas. Ao que Reza apuntou que esta tarefa é sempre moi interesante, pero só si os resultados úsanse para mellorar.
Grazas a Asociación de empresarios de Ferrolterra por organizar esta xornada e darnos a posibilidade de difunidr as vantaxes do marketing e do talento que temos na nosa terra.