skip to Main Content
Whatsapp Image 2018 07 12 At 20.41.09

A xestión do talento

O xoves pasado, varios socios de Markea participaron na mesa redonda organizada polo Foro de Marcas Renombradas Españolas sobre a importancia do talento e a marca nos plans de internacionalización das nosas empresas. O presidente de Markea, Xose Luis Reza, formou parte da mesa redonda tamén coma presidente do Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia.

No marco desta xornada tratouse de analizar os factores críticos do éxito na xestión empresarial desde diferentes aspectos: estratexia de employer branding, complexidade da xestión da multiculturalidade, adaptación ao cambio constante dos mercados, movilidade do talento, posicionamento de marca, embaixadores (fans) da marca, etc.

A conclusión: “O talento só será capaz de ser atraido ou retido por aquelas empresas cunha marca forte, cos valores perfectamente definidos e compartidos polos mesmos”.