Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Aberta a convocatoria dos III Premios Paraugas da Comunicación e do Marketing
Os Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia, creados polo Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia no ano 2016, naceron coa idea de poñer en valor a calidade e o excelente traballo que se fai na nosa terra; co obxectivo de enxalzar a función da creatividade, o deseño, a edición, a impresión, o marketing e a comunicación nas empresas e nas institucións galegas, e como medio para conseguir aumentar a competitividade e a capacidade innovadora. Trátase dunha convocatoria de premios desde o sector e para o sector.
Os Premios Paraugas que celebrarán o vindeiro 23 de novembro de 2018 a súa terceira edición, xa teñen aberta a convocatoria para presentar os mellores traballos deste ano. Ata o 9 de novembro as 20 horas, poderán participar nesta convocatoria 2018 tod@s aquel@s profesionais de orixe galega ou con residencia en Galicia e aquelas empresas, institucións ou organizacións con razón social na Comunidade Autónoma, con proxectos realizados desde outubro de 2017 ata outubro de 2018.
As categorías que se van premiar son Industria Gráfica e Edición, Deseño, Creatividade, Marketing, Comunicación e, como novidade, este ano créase Marketing Dixital. A sexta categoría integra tres novos galardons: Premio Paraugas á Mellor Estratexia Dixital para a campaña ou estratexia de publicidade, marketing e comunicación para unha marca que destaque pola súa creatividade, innovación e capacidade de xerar branding, reputación online, lanzamento de produto, fidelización, Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Negocio Dixital onde valorarase a eficacia, a conversión, a fidelización e o cumprimento de obxectivos establecidos polo cliente, e Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Social Media que distinguirá o óptimo uso de redes sociais, blogs, influencers e innovación nos contidos.
Nesta edición, a participación na III Edición dos Premios da Comunicación e Marketing de Galicia implica o abono previo do dereito de inscrición por cada traballo que se presente. As empresas socias do Clúster de Comunicación Gráfica teñen as dúas primeiras inscricións gratuitas e a 3ª inscrición e seguintes terán un custo de 30€+ IVE. As empresas ou profesionais socios de Creatividade Galega, Dircom, Markea ou Executivas de Galicia terán que abonar 45€ +IVE pola primeira e segunda inscrición, mentres que a terceira e seguintes serán de balde. Os non socios de ningunha das entidades nomeadas anteriormente pagarán 90€+IVE polas dúas primeiras inscricións, e as seguintes serán tamén de balde.
Este ano, os galardons máis importantes do noso sector contan co patrocinio de HP, GAIN, Bysidecar, TAC!, Avante Medios, Iberinform e Sabadell.