skip to Main Content
Botella Aceites Abril Colleita Propia 2019 Moment

Aceites Abril: Un agasallo moi especial para uns premios moi especiais

Aceites Abril tivo un detalle moi bonito con tod@s os asistentes aos IV Premios Paraugas e por iso merece que lle deamos un recoñecemento.

Todos os que estiivéstedes nos Premios, leváchedes unha botella de aceite da edición limitada Colleita Propia, que saiu a luz ese mesmo día. Só hai 300 unidades numeradas deste aceite tan especial, que vos fan a todos tamén especiais 😉

Colleita Propia. Edición limitada Aceites Abril 2019

Cada un de vós leva un anaco do traballo de 10 anos de coidado do olivar galego. Nesta andadura acompañan a empresa máis dun centenar de produtores. O aceite 100% galego de Abril caracterízase pola personalidade única que dá a colleita temperá. É un coupage de variedades autóctonas de sabor afroitado, con notas de herva recén cortada e mazá. Porque o noso saber mellor…

Grazas Aceites Abril por un agasallo tan especial.