skip to Main Content
Bioga

Achegando o marketing a empresas innovadoras

O noso presidente, Xosé Luis Reza, impartiu hai unhas semanas o taller Achegando o marketing a empresas innovadoras para as máis de 50 empresas biotecnolóxicas que forman parte do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga).

Reza incidiu que a raíz da situación actual este “é o momento de que as empresas galegas de biotecnoloxía poñan en valor o que están facendo e o que fixeron ata o de agora”. “A ciencia, a investigación, a innovación comenza a ter protagonismo ante a situación sanitaria derivada da Covid-19”. As empresas que forman parte de Bioga deben reivindicar a seu papel nos novos escenarios que xurdirán trala pandemia.

A clave para calquera empresa que queira medrar é xerar valor para o seu cliente centrándose en satisfacer as súas necesidades e entregar un produto ou servizo diferenciado.  Para logralo, o marketing é a peza esencial, xa que “axuda a conectar produtos ou servizos dunha empresa cos clientes potenciais para satisfacer as súas necesidades e obter o máximo de rentabilidade. “Unha empresa de I+D sen marketing é unha empresa sen timón”.

 “Todos necesitamos o márketing para facer destacar o noso produto, os nosos servizos e os nosos valores”.

Noticia orixinal no xornal dixital Economía en Galicia.