A festa do marketing galego
Celebraremos o noso traballo cunha xornada de ocio e aprendizaxe para compartir experiencias cos nosos e nosas compañeiras do sector. Neste 2024 festexaremos a primeira edición!
Premios Paraugas
Os Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia recoñecen ás empresas, institucións, organizacións e profesionais que destacan polo seu bo facer no ámbito da creatividade, do deseño, da edición, da impresión, do marketing, da comunicación e dos eventos en Galicia.
Son organizados polo Clúster da Comunicación en Galicia e convócanse cada ano.
Congreso Flúor
Congreso Atlántico de Marketing Digital.
Trátase dun dos principais congresos de marketing dixital, cunha duración de 2 días. Está formado por ducias de conferencias e workshops ao redor dos negocios dixitais, ecommerce & marketing automation, estratexia de marca e customer service & transformación dixital, impartidas por profesionais de referencia.
Formación
Ofrecemos formacións específicas nas áreas de coñecemento e ferramentas mais útiles e actuais, impartidas polos mellores profesionais. O obxectivo é axudar ás nosas persoas socias na mellora da súas capacidades, e sen ningún custe.
Encontros con profesionais
Varias veces ao ano organizamos encontros con profesionais do máximo nivel dentro do noso sector.
Estas xuntazas convértense nunha ocasión moi especial na que seguimos aprendendo.
Visitas a empresas
Coñecer as empresas por dentro, axúdanos a entender mellor as estratexias de marketing que poñen en marcha. Planificamos visitas ás compañías nas que traballan os nosos socios ou outras de interese.
Campañas Markea
Cada dous anos lanzamos unha campaña publicitaria en medios galegos para pór en valor o noso traballo.
O obxectivo é amosarlle ao noso target o que pode facer o marketing por eles, e como lles pode axudar a ser máis memorables, e polo tanto, a vender máis.
Asamblea anual
Unha vez ao ano reunímonos todos, normalmente no Nadal, data do aniversario de Markea. Nela compartimos todo o que fixemos nese ano e presentamos o que se fará no seguinte.
Panel de Marketing Galicia
Xunto a IUNI e Avante Evolumedia, cada dous anos facemos unha investigación de mercados entre o entramado do marketing galego para obter unha visión real do sector na nosa terra.
Divulgación
Dende Markea facemos labor divulgativa de todo o bo que pode facer o marketing nas empresas a través de talleres moi prácticos en asociacións empresariais, universidades ou escolas de negocios…
Formación externa
Xeramos acordos de colaboración con diversas entidades e escolas de negocios, para fomentar a formación continua dos nosos asociados a través de descontos e outras vantaxes nos programas formativos ofrecidos.
As persoas socias nos medios
Poñemos en valor o traballo das nosas persoas socias, as súas campañas, entrevistas ou novos lanzamentos de produto, dándolle difusión ás súas aparicións nos medios galegos e sectoriais, coma Rúbrica ou Extradixital.