O III MarkeaFest é a nosa cita anual co territorio e o marketing: un lugar, a xente e a sensación de estar exactamente onde había que estar.
Afterwork Coruña con Amalia Baltar
Nun novo afterwork na Coruña tivemos a oportunidade de escoitar a Amalia Baltar, Responsable de Relacións Institucionais e Comunicación de Gas Natural Fenosa en Galicia e Presidenta de Dircom Galicia. Desta volta tivemos a oportunidade de coñecer da man da súa protagonista os motivos, o proceso e o resultado da última campaña que a compañía eléctrica desenvolveu en Galicia: Apelidos. Un hito único dunha gran relevancia para Galicia.
