O pasado 14 de abril, Markea participou na organización do VIII Foro de Marketing e Vendas con APD, unha cita xa consolidada como referente
Afterwork Santiago
O pasado luns, na sede da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela, tivemos a oportunidade de voltar a escoitar a Alicia Piña na cita mensual dos Afterworks de Marketing e Comunicación. Alicia, avogada, socia de Aligale, subliñou a importancia de ter en conta os límites legais das nosas accións de marketing. A LOPD, as listas Robinson, a próxima normativa europea que entra en vigor dentro dun ano… foron algún dos temas abordados na xornada.
