Lois Vázquez, coordinador de marketing de Visual Trans falounos sobre como implementar unha estratexia de marketing B2B orientada ás vendas
Afterwork: Realidade vs sostibilidade na produción gráfica de gran formato
Voltan os afterworks na casa! O mércores 22 de setembro, Daniel Rodríguez, CEO de Verde, Impresiones con sentido, deu conta da actualidade do sector gráfico. Daniel indicou as claves de como ser sostibles e xerar impacto.
Se hai 10 anos a sostibilidade era entendida como o uso de tecnoloxías limpas e materiais reciclados e reciclables, 10 anos despois, en 2021, sumamos ás persoas na ecuación. A sostibilidade é sinónimo de estabilidade laboral, conciliación, provedores comprometidos, cercanía, economía circular, tecnoloxías limpas e materiais reciclados e reciclables.
Como conseguilo?
As empresas de produción gráfica que busquen ser sostibles, deben:
- Entregar e transportar os produtos eficientemente
- Minimizar os efectos negativos do uso por parte do usuario
- Reciclar os produtos como recurso ao final da súa vida
- Deseñar produtos tendo en conta todo o seu ciclo de vida
- Usar materiais respetuosos co medio ambiente e evitar emisións innecesarias
- Crear produtos útiles cun mínimo de materiais e enerxía
En xeral, as empresas que opten por este camiño da sostibilidade deben crear produtos con valor engadido, produtos cun ciclo de vida longo e crear alternativas sostibles para ciclos de vida curtos.
Desafíos para conseguilo
Non é doado o camiño dunha empresa gráfica sostible, como indicaba Daniel. Pero aquelas que deciden apostar pola sostibilidade, teñen unha moi boa oportunidade de negocio debido á crecente demanda e aos clientes que buscan impresións certificadas.
Malas prácticas
Moitas empresas din ser sostibles, pero en realidade están facendo uso do greenwashing ou ecoblanqueo. Trátase dunha práctica ou estratexia de mercadotecnia empregada para mostrar á audiencia que esa marca é respetuosa co medio ambiente pero sen selo. Por exemplo, marcas como Coca-cola ou McDonalds.
Daniel terminou a súa ponencia explicando que a sostibilidade é a suma de dispoñer duns obxectivos de actuación e a responsabilidade de cada un individual. Graciñas polo relatorio!
Non queremos deixar de agradecer ao Cluster da Comunicación a axuda na organización, ao Círculo, Dircom e Creatividade Galega polo apoio e difusión e a dinahosting polo patrocinio.