Unha vintena de persoas asociadas a Markea coñecimos as instalacións da Corporación Radio Televisión de Galicia en San Marcos.
Novo Afterwork en Vigo
Como ven sendo habitual no terceiro mércores de cada mes en Vigo, onte tivo lugar un novo Afterwork de Marketing e Comunicación onde tivemos a oportunidade de compartir con Javier Blanco Thomas, CEO de Glue Digital, a súa visión sobre a importancia do contido na estratexia dixital da nosas empresas. E puxo coma exemplos os casos de éxito de Axa e eBay.