En Markea festexamos os 10 anos de andaina da asociación cun redeseño do noso característico logotipo. Graciñas quattroidcp.

Almorzo de traballo co CEO de Pescanova
En Santiago, no Abastos 2.0, a casa de comidas q nos veu nacer, tivemos a sorte de poder compartir un xantar coa cúpula de Pescanova.

Nacho Gonzalez, Ceo, Tesa Díaz, Dircom e Juan Viñas, CMO compartiron con nós os mimbres dos que dispoñían hai uns anos cando empezaron a liderar este proxecto tan necesario para Galicia.

E como nuns anos (poucos), con moito esforzo, grandes dosis de creatividade e moito, moito marketing e comunicación, foron quen de asinar unha miragre. Grazas equipazo! Sodes un orgullo para Galicia.