Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024

APP marketing, como atraer aos teus clientes do ON ao OFF
O pasado martes Sheila Álvarez, Account Manager da axencia ARDE, falounos dos dous grandes retos das APP: captar e fidelizar.
Decidir se queremos ter unha APP na nosa empresa non é unha decisión que poidamos tomar á lixeira. Antes de nada, temos que saber quen serán os usuarios e o obxectivo que pretendemos conseguir tendo dita aplicación móbil. E o máis importante, estimar se terá visitas. Interésanos captar a miles de clientes recorrentes e non quedarnos nunha cantidade pequena.
Por que o marketing móbil?
- O 96% dos españois teñen teléfono móbil (o 87% son Smartphones).
- Máis do 80% dos Smartphones en España teñen acceso a internet.
- O tempo de uso é superior ao ordenador: 170 minutos fronte a 120 minutos.
Ademais, hai que ter en conta que a navegación móbil por unha web ten limitacións de hardware e de personalización e a navegación é máis lenta.
O uso de APP presenta estas vantaxes:
- Respeta mellor o aspecto e o funcionamento da plataforma.
- Maior tempo de uso.
- Acceso ao hardware (xeo, cámara, micrófono,..).
- Poden usarse offline.
- Comunicación directa co usuario (in-app e push).
O tempo de uso do móbil é superior ao uso do ordenador, 170 minutos en comparativa cos 120 do ordenador.
Como conseguir atraer clientes?
A resposta é mediante unha estratexia de captación (selección das mellores canles para chegar ao público obxetivo) e fidelización (mellorar a experiencia dos meus clientes e convertilos en fieis).
Estratexia de captación
- Content marketing: a través do marketing de contidos.
- ASO: captación orgánica. Posicionar a APP por riba da competencia mediante o rankeo de keywords o maior tempo posible.
- Paid media: captación mediante o pagamento. Performance (search ads, display performance); social (anuncios en Twitter, Instagram e Facebook); retarget (reimpactar nos usuarios que borraron a APP) e incent (adnetworks incentivado).
Estratexia de fidelización
- A retención de usuarios é o verdadeiro reto de calquera APP
- Formatos comunicativos máis utilizados: notificacións Push, Comunicacións In-App, Native Ads e SMS
Plan de comunicación e retargeting para os nosos usuarios
- Plan de comunicación: estratexia, copies e segmentación e calendarización.
Cun plan de comunicación especializado poderemos conseguir máis usuarios activos, máis rexistros a través dunha óptima segmentación e máis vendas grazas á unha comunicación personalizada.
- Retargeting: estratexia para recuperación de usuarios e campañas DSPs.
Prezos
E falando de prezos, a programación inicial dunha APP custa ao redor de 10.000 euros. Os custes mensuais de mantemento van entre 100 e 500 euros, variando en función dos usuarios activos. E a estratexia de dinamización suporá un investimento mensual de 1000 euros ao mes.
Graciñas Sheila por esta presentación tan interesante.