Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Aprendemos a xestionar patrocinios no deporte
O pasado mércores, Camilo Lobato, Director de Desenvolvemento de Negocio de Recalvi, explicounos no Círculo de Empresarios a xestión que fan grandes marcas dos patrocinios deportivos.
Camilo comezou explicándonos que Recalvi conta con máis de 35 anos de andadura, e compóñena 250 traballadores. Dispón de 19 delegacións en toda España, cuxo traballo factura preto de 33 millóns de euros.
O Grupo Recalvi, do que forma parte Recalvi, trátase dunha agrupación de 12 empresas de 8 países: España, Portugal, Costa Rica, Panamá, Rep. Dominicana, Cuba, Ecuador e Estados Unidos. Conta con máis de 500 traballadores e facturaron 93 millóns de euros o pasado ano.
O Grupo Recalvi é distribuídor integral de recambios e accesorios para o automóbil, e ten os patrocinios deportivos como principal estratexia do seu departamento de marketing.
Patrocinios de Recalvi
- O equipo do Celta de Vigo de fútbol durante varias tempadas
- O Celta de baloncesto
- Competicións do mundo do motor como o Rally Recalvi Rías Baixas ou o San Froilán
- E tamén a competidores de rallys
- O Baskonia de Baloncesto
Por que patrocinar deporte?
Os patrocinios deportivos permiten relacionar os valores asociados a un deportista, equipo ou evento, coa identidade que desexa transmitir unha marca. Trátase dunha actuación clave para aumentar a notoriedade dunha empresa e emocionar aos seus compradores.
Entre os valores que transmite o deporte:
- Felicidade
- Constancia
- Globalidade
- Compromiso
- Éxitos-futuro
- Oportunidade
- Crecemento
Cos patrocinios deportivos, o Grupo Recalvi ten como obxectivos:
- Emocionar aos seus clientes
- Xerar relacións de confianza
- Convertir os patrocinios nunha ferramenta de vendas
- Poder medir o retorno xerado
- Obter un ROI maior do investido
- Acercar os patrocinios a calquera cliente
Graciñas Camilo por explicarnos que o deporte e o marketing das empresas debe ir da man.
E a dinahosting polo patrocinio. Vémonos no próximo!