skip to Main Content

Encontro cos asociados e Asamblea Xeral de Markea 2023

O pasado 1 de decembro celebramos un novo xantar cos socios e socias de Markea, e aproveitamos o encontro para renovar a Xunta Directiva de Markea.

A xornada comezou ás 14.30h, no Hotel A Quinta da Auga, en Santiago de Compostela. Fixemos un xantar de pé, para fomentar a conversa e o diálogo entre as máis de 50 persoas asistentes.

Logo, aproveitamos para repasar toda a actividade de Markea ao longo deste 2023: afterworks co-organizados co Cluster de Comunicación online e presenciais en Vigo e na Coruña; visitas a empresas como Aceites Abril, Clun, a Pepe Vieira co motivo do Panel de Marketing ou Inditex. E tamén todos eses eventos nos que aportamos o noso granciño de area, como o Congreso Flúor, os Premios Paraugas, os encontros do Cluster Ecommerce ou os Beerfing, encontros de Creatividade e Cervexa.

Tamén apuntamos as máis de 40 entrevistas aos nosos asociados en Extradixital e na revista Rúbrica para darnos visibilidade, e os contidos máis persoais que fomos publicando nas nosas redes sociais onde coñecimos máis polo miúdo os gustos e afeccións dos nosos socios.

A Xunta Directiva tamén quedou renovada, e onde Jorge Pallarés e Loly Martínez deixaron os seus postos para darlles a benvida a Alberto Granada e María Díaz. A Xunta Directiva de Markea queda así formada:

  • José Cabanas: presidente
  • Lucía González: vicepresidenta
  • Yago Díaz: secretario
  • Javier Fernández: tesoureiro
  • Juan Carlos Silva: vocal
  • Alberto Granada: vocal
  • María Díaz: vocal

Loly Martínez será a xerente de Markea, e axudaranos en toda a parte da xestión e comunicación cos socios.

Tamén nos encantaría darlles as grazas a todas as empresas e socios que colaboraron na nosa cesta de Nadal aportando agasallos que nos sacaron a todos un sorriso:

✔️ Adrián Salgado Pérez – Zelnova Zeltia ( A tu aire)

✔️ Brígida Nieto Grande – Distribuciones Froiz S.A.

✔️ Isaac González Carrera – Rei Zentolo

✔️ Iván Fernández González – Galicia Calidade

✔️ Enrique Paredes Villamil y Elena Pérez Canal – Aceites Abril S.L.

✔️ Inés Suárez de Lago – Torre de Nuñez

✔️ José Cabanas – Hijos de Rivera, S.A.U.

✔️ Juana Abellaneda – Grupo Comar (El Ideal Gallego)

✔️ Juan Carlos Silva Alonso – Frinsa del Noroeste

✔️ María Castro Fernández y Marta Cid Vidal – Grupo Cuevas

✔️ María Díaz Taboada – Cafés Candelas

✔️ Sara Torreiro Rodríguez – Casa Grande de Xanceda

✔️ Sergio Triguero – Tórculo

✔️ Yago Díaz – Delikia (Root café)

E por suposto, tamén damos as grazas a Diego López Cortés de TAC por esa mochila tan estupenda.

E tamén dar as grazas a Jairo, Arantxa e Héctor de Miraveo por todas esas fotos e vídeos, e a Juan José pola música en directo.

Graciñas a todos por formar parte de Markea, bo nadal e boas festas. Vémonos pronto!