skip to Main Content
Markea 2024 Asemblea

Nova asemblea e xantar coas persoas asociadas

Como cada ano preto do Nadal, o conxunto das persoas asociadas a Markea reúnese para xantar, facer moito networking, aprobar as contas anuais e dar conta das próximas actividades. Este ano non ía ser menos, e no Hotel da Quinta da Auga, en Santiago de Compostela, xuntámonos máis de 60 persoas nun cóctel-xantar moi especial para celebrar tamén o 12º aniversario da Asociación.

Primeiramente, comezamos facendo un brinde e desfrutando dos ricos petiscos. Un momento para conversar e coñecer ás novas persoas asociadas. Por certo, este ano somos 139, graciñas!

Despois do xantar, fixemos un repaso das actividades que organizamos dende a Xunta Directiva, tanto propias como colaborativas, e presentamos o estado das contas anuais que foron aprobadas polo conxunto dos socios/as. Seguidamente, cada responsable de área indicou a previsión das actividades para 2025: vicepresidencia e tesourería, comunicación, área do socio/a, eventos propios, formación e relacións institucionais e RSC.

A asemblea anual rematou cun divertido bingo e moitas risas. Graciñas unha vez máis por formar parte e vémonos nas seguintes actividades.

Agradecementos especiais ás empresas socias que contribuíchedes cos vosos agasallos:

  • Torre de Núñez
  • Grupo Cuevas
  • Café Candelas
  • Galicia Calidade
  • Tórculo
  • Aceites Abril
  • Rei Zentolo
  • Sutega
  • Frutas Nieves
  • TAC
  • Hijos de Rivera
  • Froiz
  • Fnac
  • Zelnova
  • Frinsa
  • Vegalsa
  • Coren
  • Raiola Networks
  • Martín Codax

E a Miraveo por sempre retratarnos tan ben. Deixámosvos unha galería de fotos deste equipazo.

Un agarimoso saúdo por parte da Directiva: Pepe Cabanas, Lucía González, Yago Díaz, Javier Fernández, Juan Carlos Silva, Alberto Granada, María Díaz e Loly Martínez 🙂 Boas festas!