Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Así foi a VI Edición dos Premios Paraugas 2021
Xa coñecemos as mellores campañas e proxectos galegos gañadores dos Premios Paraugas 2021 nos ámbitos da creatividade, do deseño, da edición, da impresión, do marketing, dos eventos e da comunicación. A gran festa do sector , organizada polo Clúster da Comunicación de Galicia por fin volveu recuperar o seu formato presencial con emisión tamén vía streaming pola CRTVG.
Regreso da presencialidade
Unha sexta edición dos Premios Paraugas moi desexada, xa que supuxo o segundo gran evento presencial do ano tras a pandemia, despois do Congreso Flúor celebrado en outubro en Pontevedra. En palabras do presidente do Clúster, Xosé Luis Reza “En Galicia estamos no primero nivel do marketing, da comunicación, do deseño, da creatividade, dos eventos, da edición e da impresión. O máis importante e que estamos máis vivos que nunca despois dunha pandemia que demostrou o forte que é o sector. Xa estamos a pensar como imos innovar de cara o ano que vén porque hai que seguir demostrando que aquí en Galicia chove moito talento”
Máis de 300 persoas non quixeron perder este evento celebrado en Expourense. Presentado por sexto ano consecutivo por Belén Xestal e Luis Fraga, a gala estivo amenizada musicalmente por Galifunk Brass e contou no seu comezo coas intervencións dos principais patrocinadores do evento, o Inorde e Xunta de Galicia, e que tamén contou coa colaboración de Galicia Calidade que ofreceu un cóctel para todos os asistentes ao final da entrega de premios. Uns dos momentos mais especiais foron os das homenaxes pola súa traxectoria aos creativos Oriol Villar e Fernando Vega, a Amalia Baltar, a Lis De Soto (póstumo).
Premiados 2021
As categorías premiadas nos VI Premios Paraugas foron sete: a creatividade, o deseño, o marketing, a comunicación, os eventos e a impresión dos profesionais, empresas e institución galegas. Como novidade desta edición, a categoría de Eventos contou con 3 premios, aiínda que dous quedaron desertos. A de Creatividade modificou o contido dos seus galardóns con respecto a edicións anteriores e a de Marketing modificou unha das súas distincións.
Categoría Márketing (Premios Avante Evolumedia)
Mellor Estratexia/Acción de ‘Branding’
Las Estrellas del Camino. Hijos de Rivera (Aupa/Ymedia/Proximia).
Mellor Estratexia/Acción de Produto/Servizo
Campaña de lanzamento das infusións Wize Monkey. Cafés Candelas (Ma Agencia/Desoños/Zeltia Stadelmann).
Mellor Acción de Promoción de Vendas
Promoción 0’0 Emisiones. Hijos de Rivera (Grupo 76).
Categoría Creatividade (Premios Roi Scroll)
Mellor Idea
Restyling Acción Tatoo. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia).
Mellor Campaña
Sabemos que sempre o levarás dentro. Unifersa (Clickfer).
Mellor Produción (Craft)
Una cerveza como Dios manda. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Abadía dos Monxes)
Categoría Comunicación (Premios Galicia Calidade)
Mellor Estratexia de Comunicación Externa
Km.C. Hijos de Rivera (Idea Creatividad/Proximia Havas).
Mellor Estratexia de Comunicación Interna
Plan de embajadores Bysidecar. Bysidecar.
Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial
Colleita propia. Aceites Abril.
Categoría Márketing Dixital (Premios PuntoGal)
Mellor Estratexia de Márketing Dixital
#MisMotivosVueling. Torres y Carrera.
Mellor Campaña de Produto ou Servizo
Estratexia de venta dixital & CRO para Adeslas. Bysidecar.
Mellor Proxecto de Social Media
Cabo de Peñas. Quattro idcp.
Categoría Eventos (Premios tac!)
Mellor evento
SON Estrella Galicia Posidonia: El Reencuentro. Hijos de Rivera (Costa).
Categoría Deseño (Premios GAIN)
Mellor Deseño Gráfico
Identidade Corporativa de Katarsis. Kindergarten.
Mellor Deseño Industrial ou de Produto
Cambo Familia de Luminarias de Interior. Cenlitrosmetrocadrado.
Mellor Deseño Dixital
Antonio Failde 988 Deseño e Arquitectura.
Categoría Edición e Impresión (Premios HP Indigo)
Mellor Libro
Ensamble Isaac. Tórculo Comunicación Gráfica.
Mellor Traballo de Publicidade Comercial
Catálogo 2021. Tórculo Comunicación Gráfica.
Mellor Traballo Comercial (libro, folleto ou catálogo) feito en Impresión Dixital
El cuaderno alado. Gráficas Anduriña.
Fonte de información: Extradixital