skip to Main Content

Conforme ó previsto na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico e normativa concordante, poñemos a disposición do usuario deste sitio web información sobre a seu titular, así como as condicións que regulan o acceso, navegación e uso de cada unha das páxinas web accesibles baixo o dominio https://asociaciongalegademarketing.com/(“O Sitio Web”).

A fin de garantir o acceso a esta nota legal e demais información requirida pola normativa de aplicación (“Política de Privacidade” e “Política de Cookies”),  ditas mencións póñense a disposición do usuario do Sitio Web (“O Usuario”) dende todas as súas páxinas.

Información sobre o Titular do Sitio Web

O Sitio Web pertence á ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DO MARKETING DE GALICIA(‘MARKEA’), provista de N.I.F. G-70.329.313, con sede en C/ Enrique Dequidt Hevia, 15 (local 31), C.P. 15.005, A Coruña (A Coruña).

Contacto

O Usuario poderá comunicarse con MARKEA por e-mail dirixido á dirección de correo electrónico presidencia@markea.es, empregando o formulario de contacto que se pon a disposición do Usuario no apartado “CONTACTO”, así como comentando publicamente calquera das novas de actualidade difundidas no Sitio Web.

Cando o Usuario se dispoña a achegar a MARKEA consultas a través do formulario de “CONTACTO”, haberá de marcar a caixiña situada a carón da seguinte mención “Lin e entendín a Política de Privacidad de MARKEA”, onde atopará información sobre como se tratarán os datos persoais que o Usuario proporcione a través de dito formulario. Do contrario, a súa consulta non chegará a coñecemento de MARKEA porque o sistema impedirá o seu envío ata que non lea e marque a caixiña indicada, precisamente, para protexer a privacidade do Usuario.

Propiedade intelectual

  • A propiedade intelectual das creacións que configuran o Sitio Web (código fonte, deseño, estrutura de navegación, textos e demais) pertence a MARKEA, ben por gozar da titularidade exclusiva dos dereitos de explotación de tales elementos ou por contar cás licenzas de explotación correspondentes.
  • En consecuencia, queda prohibida calquera forma de explotación (reprodución, distribución, cesión a terceiros, comunicación pública e transformación) de todo ou parte do Sitio Web ou da información e elementos contidos no mesmo, sen previa autorización concedida expresamente por MARKEA, do que se exceptúa a visualización ou impresión de contidos para uso persoal e privado. No caso de incumprimento de tales previsións, o Usuario infractor exporase ás consecuencias que lle deparen as reclamacións pertinentes, segundo o previsto na lexislación vixente.

Actualización de contidos

MARKEA resérvase a faculdade de renovar os contidos do sitio Web para introducir as melloras que estime convintes, en calquer momento e sen necesidade de previo aviso ó Usuario do Sitio Web.

En particular, lembre que MARKEA poderá modificar as presentes condicións cando o considere oportuno. Por isto, prégase ó Usuario que proceda a consultar cada vez que acceda ó Sitio Web ou, como moito, a intervalos breves de tempo, se é que accede habitualmente ó Sitio Web.

Exención de Responsabilidade. Links de terceiros

MARKEA non garante a ausencia de erros ou interrupcións no acceso ó Sitio Web, nin que este se atope actualizado en todo momento. En todo caso, MARKEA acometerá as tarefas que sexa preciso para corrixir tales incidencias en canto teña noticia delas, salvo que existan causas que o impidan puntualmente ou retrasen ditas tarefas por mor da complexidade que leve aparellada a súa execución.

Por outra banda, infórmase ó Usuario de que o feito de que MARKEA chegue a vincular/redirixir a información e servizos de terceiros dende o Sitio Web, dita relación non suporá que exista colaboración ou dependencia algunha entre MARKEA e o responsable do sitio web alleo.

En todo caso, o previamente exposto supón que MARKEA non se fai responsable dos contidos, nin garante a ausencia de virus ou outros elementos, que se localicen en ditos sitios web alleos, nin asumirá responsabilidade algunha polos danos que puideran producirse no sistema informático, documentos ou ficheiros do Usuario.

Asemade, MARKEA tampouco será responsable dos danos que poida experimentar o sistema informático, documentos ou ficheiros do Usuario debido á presenza de erros de seguridade presentes no propio equipo que o Usuario empregue para acceder ó Sitio Web (p. ex. virus), nin dos danos que o Usuario padeza por un funcionamento deficiente do navegador que empregue para esta tarefa.

Intervención dos Usuarios

O Sitio Web permitirá ó Usuario a emisión dos comentarios/opinións que libremente estime oportuno, có único límite de que deberán formularse con respecto á moral, á orde pública e ós usos socialmente aceptados como correctos, así como segundo ás presentes condicións xerais de acceso e uso do Sitio Web.

En particular, tales declaracións do Usuario terán que ser lícitas e veraces, debendo absterse de presentarse como difamatorias, inxuriosas ou ofensivas. Por isto, en canto teña constancia das mesmas, MARKEA procederá a súa eliminación e, no seu caso, a poñelas en coñecemento das autoridades competentes.