Unha vintena de persoas asociadas a Markea coñecimos as instalacións da Corporación Radio Televisión de Galicia en San Marcos.
Biscuits Galicia, máis dunha década de éxito empresarial
Onte estivemos con Pablo Troncoso e Enrique Paredes, membros da exitosa Peme local Biscuits Galicia.
Neste Afterwork no Círculo de Empresarios co patrocinio de Dinahosting puidemos coñecer de primeira man como se traballa nesta empresa galega que comezou de cero hai 14 anos nun mercado maduro repleto de multinacionais como é o da alimentación, e logrou establecerse e manter un crecemento constante.
Como ben dixeron durante a súa presentación, calquera que escoitase hai máis dunha década que uns irmáns querían facer una marca de galletas nova, en Galicia, chamaríanlles tolos como pouco.
Pero non foi así. Biscuits Galicia non freou o seu crecemento dende o seu nacemento e hoxe xa están instalados como marca forte rexional e no noroeste peninsular e en expansión polo resto do país e mesmo do continente.
O primeiro en falar foi Enrique Paredes, director de márketing e negocio retail. Durante a súa exposición deixou claro o que eles vén coma básico para o seu éxito: a flexibilidade acompañada da innovación e o desenvolvemento. Poder sacar surtidos diferentes para cada ocasión especial coma o do samaín, nadal, camiño de Santiago… fan deles una marca diferente e recoñecible polo público.
Coa intervención de Pablo Trocoso, cofundador e administrador de Biscuits Galicia, tamén entendimos outro motivo do seu éxito empresarial: números e máis números. Troncoso explicou que el baséase nun principio moi básico pero que seguen fielmente: vender suficiente, producir rendible, cobrar a tempo e buscar financiación.
Para competir nun mercado maduro teñen tamén claras as súas fortalezas como empresa: ter un bo produto que guste ós consumidores, a flexibilidade, diversificación constante e creativa, a diferenciación e posicionamento e o equipo humano. Pero tamén ás debilidades que eles vén como principais: o baixo poder de negociación, pequeno tamaño, que supoñen grandes barreiras de entrada…
Tras 14 años de vida, cunha facturación de dous millóns de euros no 2018 e tralo éxito da re apertura do café e da primeira tenda física da marca baixo o concepto propio de galletería e galletalandia, esta empresa ten claro os seus próximos movementos e camiño a seguir.
Tras unha inversión en crecemento físico coa compra de catro novas naves, fixan dous retos principais para o futuro por riba de todo: facerse competitivos na venta online e desenvolver un produto con menos azucres que estea en consoancia cos gustos actuais dos consumidores. Observando como desenvolveron a marca ata o de agora non nos queda dúbida de que o lograrán.