skip to Main Content
Brinde Nadal Markea 2020

Brinde de Nadal dos membros de Markea

O pasado 18 de decembro as/os membros de Markea xuntámonos de forma online para brindar por un 2021 cheo de saúde e traballo para todos nós e para todos os nosos. Fomos case 40, todo un éxito de convocatoria!

Malia a que non puidemos celebrar a nosa tradicional comida de Nadal, non quixemos perder a oportunidade de vernos as caras e desexarnos unhas boas festas, aínda que fora cunha pantalla de por medio.

Moitísimas grazas a Pepe Cabanas, CMO de Estrella Galicia, a Juan Carlos Silva, director de Marketing de Frinsa, Diego López, CEO de Tac e María Garrido, directora de Marketing de Bodegas Martín Códax polos agasallos que nos fixéchedes, sen dúbida sacarémoslle moito partido. Sodes xeniais 🙂

Foto de Brígida Nieto

Un abrazo e bo inicio de ano para toda a familia de Markea.