Unha vintena de persoas asociadas a Markea coñecimos as instalacións da Corporación Radio Televisión de Galicia en San Marcos.
Buscadores de tendencias- Benvidos ao coolhunting
Que é o coolhunting e como podemos aplicalo ao noso traballo diario? Disto falounos Silvia Fraga o pasado martes, no Club Financeiro da Coruña, ante máis de 40 persoas.
Tendencias e coolhunting
Silvia explicounos primeiramente que son as tendencias e o coolhunting. Mentres as tendencias son o motor da innovación, unhas veces dende a evolución e outras dende a revolución, o coolhunting é a disciplina que mediante a observación de indicios de cambio, é capaz de detectar as tendencias emerxentes antes de que se convirtan en moda e estean en boca de todos nós.
Para ser uns expertos no coolhunting temos que ter no noso poder unha serie de :
Armas
- Observar
- Escoitar
- Analizar
- Investigar
E pelexar nas batallas de:
- Reinvención de novos negocios
- Apertura da mente
- Innovación na capacidade de comunicación
- Reinvención de produtos e servizos
- Creación de novos proxectos que aporten valor engadido ao consumidor
Coolhunting- todo comeza coa disrupción
Todo comeza coa disrupción, que son cambios que se producen nun determinado contexto político, social e económico e liderados por unha xeración. Para que a disrupción vaia adiante, certas empresas deben adoptar estes cambios como parte da súa innovación. Só así se pode converter en algo viral. Exemplos ben coñecidos por todos son os batidos detox, que se puxeron de moda grazas ás influencers en Instagram ou a defensa dos dereitos da muller.
Nestes cambios teñen moito que dicir as novas xeracións, que se converten en auténticos abanderados e motores da innovación.
Macrotendencias de produto e consumo
Hoxe en día podemos falar das seguintes macrotendencias:
- Sostibilidade como eixo estratéxico. Somos máis conscientes e estamos dispostos a pagar un pouco máis
- Transparencia, autenticidade e orixe
- Experiencia e emoción
- Personalización de produtos
Entropía e incertidume
Pero as novas tendencias tamén xeran incertidume. Dise que a entropía e a combinación de certas realidades que son moi diferentes entre si. Igual isto che parece raro, pero con exemplos seguro que te aclaras.
- O mundo hiperconectado ou o mundo dos que queren controlar a súa información privada
- A promoción da economía local ou os grandes centros comerciais
Exemplos de tendencias
Imaxínaste mercar unha camisola ou cosméticos nunha máquina de vending? Agora xa é posible. Gústache Breakfast at Tiffany’s? Podes sentirte unha auténtica diva indo a unha cafetería de Singapur.
Decálogo da nova comunicación
Silvia Fraga rematou a súa interesantísima charla compartindo o decálogo da nova comunicación. Toma nota:
- CENTRA A COMUNICACIÓN NUNHA MENSAXE HUMANIZADA, EMOCIONAL E SEGMENTADA
- PON O FOCO NO TEU CLIENTE E DI ADEUS ÁS MENSAXES XERAIS
- A LINGUAXE É FUNDAMENTAL
- XERA UN VÍNCULO EMOCIONAL CO TEU CLIENTE, E TRANSFÓRMAO NUN PRESCRITOR
- AS NOVAS XERACIÓNS SON CLAVE, TAMÉN NA POLÍTICA
- A COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL TEN QUE SER CERCANA
- AS ESTRATEXIAS COMUNICATIVAS DEBEN ADAPTARSE A RETOS SOCIAIS COMO O EMPODERAMENTO FEMININO OU O CAMBIO CLIMÁTICO
- O TEU VALOR DIFERENCIAL É O TEU FUTURO
- A DIFERENCIACIÓN É CLAVE, UNIDA Á EMOCIÓN, VALOR, PERSONALIZACIÓN E SEGMENTACIÓN
- CONECTA COS INTERESES E EMOCIÓNS, XERA ENGAGEMENT
Graciñas a Silvia por esta interesantísima charla, e por compartir connosco todos estes trucos. E a dinahosting polo seu patrocinio 🙂