Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Buscando fondos. Cómo se xestiona un patrocinio? Organizadores vs Financiadores
No marco do 32 Congreso Nacional OPC Spain, que se celebrou a semán pasada, en Santiago de Compostela, María Herrero, vocal de Markea e Directora de Marketing de Rodman, fixo de moderadora na mesa de debate que se indica no titular.
Os componentes desta mesa, que debatiu sobre cómo os patrocinios son unha ferramenta importante dos plans de marketing, foron: Xosé Regueira, vicepresidente da Diputación de A Coruña; Senén Barro, director del CiTIUS Universidade de Santiago de Compostela ; Antonio Cortés, director de RSC de Gadisa e Carlos Lorenzo, CEO de Cow Events Group.
Falouse do acordo entre todas as partes, sobre as novas formas nas que se están a facer as cousas, tanto desde o punto de vista de organizadores de eventos, como das empresas ou entidades públicas que levan a cabo patrocinios, como pezas fundamentais dentro dos seus plans de Marketing.
Apuntaron os ponentes que xa non se trata de buscar fondos sen máis, para a organización dun evento illado, a cambio de certa imaxe, un logo nun photocall, etc… trátase de traballar conxuntamente, organizadores e patrocinadores, para que o evento teña a máxima repercusión, a mellor organización e en definitiva, o mellor retorno do investimento posible.
Os diferentes puntos de vista puxéronse sobre a mesa, pero quedou claro, que sen colaboración entre as partes, sen unha definición de obxectivos comúns e sen unha planificación conxunta, os eventos non son sostibles nin teñen un retorno do investimento para o patrocinador.
A profesionalización na organización, é unha proba evidente de que as cousas en materia de patrocinios están a facerse dunha maneira diferente e nese camiño, todos seguiremos a traballar. Desde OPC Spain e OPC Galicia, recóllese a testemuña, de que deben seguir por este camiño, para mellorar e conseguir que as empresas e outras entidades sigan apostando por estas accións de Marketing.