Pero ti sabes de marketing? Presentámosche a nova campaña de Markea
Vimos de estrear a nosa nova campaña de marketing, Pero ti sabes de marketing? que realizamos cada dous anos. Un traballo creativo da axencia Closet Comunicación, elixida mediante sorteo no Congreso Flúor, e impulsada por Avante Evolumedia. Graciñas por sumarvos e colaborar con nós!
O concepto creativo de Closet Comunicación
As pezas buscan dar a coñecer e analizar a imaxe do marketing e a dos seus profesionais en Galicia e a suma de valor que esta disciplina profesional aporta ás empresas.
Para lograr estes obxectivos, Closet Comunicación sustenta a campaña en tres claves: a primeira delas, unha linguaxe coloquial e cercana; a segunda, dirixirse principalmente ao público B2B (grandes empresas, pemes e autónomos) e a terceira, contar co apoio de personaxes de recoñecida relevancia en Galicia que xeran grandes doses de empatía no público e na cidadanía.
Xosé Antonio Touriñán e Esther Estévez, cara visible do Dígocho Eu, quixeron sumarse á nosa campaña. Deixámosche os vídeos!
Unha diversidade de formatos
Para esta campaña eliximos diferentes formatos: mupis e valados; espazos en prensa escrita; traseiras de autobuses; cuñas de radio e vídeos para difundir en redes sociais. Avante Evolumedia foi a encargada de negociar estes espazos cos diferentes medios, e non podemos deixar de agradecerlle todo o seu esforzo.