skip to Main Content
Whatsapp Image 2019 05 24 At 15.13.56

Chámalle X! Andrea Suárez presentounos o anticentro comercial

O 24 de maio tivemos unha xuntaza coa Directora de Marketing de Merlín Properties, Andrea Suárezque nos explicou as claves do negocio inmobiliario, xestión de centros comerciales, dende o punto de vista do marketing.

Andrea Suárez, Directora de Marketing de Merlin Properties

 

Andrea contounos os segredos que hai tras a próxima apertura dun concepto único en España no mundo do retail: X-Madrid. 

A inauguración deste centro é un fito no sector en España, xa que non hai nada igual. Os referentes para este tipo de actuación hai que buscalos en EEUU ou UK. Será o próximo mes de setembro cando poderemos asistir á súa apertura e gozar de todas as experiencias que alí se poderán vivir.

Porque iso é o que prima neste anti-centro comercial, a vivencia de diferentes experiencias, abarcando targets moi diferentes e variados: xente que non vai pasar a tarde a un centro comercial tradicional, xente que busca o desfrute doutro xeito e aquí vaino atopar.

Presentación do X-Madrid. Andrea Suárez e Xosé Luis Reza

Que poderemos experimentar en X-Madrid? Pois dende mercar unha moto, obter o título de buceo, sacar o teu skate e percorrer o centro dun lado ao outro e probar as pistas do seu park, unha clase de Cross Fit, mercar comida ecolóxica, facerte un tatoo, street food, facer un pouco de escalada, relax na praia artificial, etc. ate pop ups e outras tendas permanentes pero únicas, distintas do que habitualmente encontramos nun centro comercial tradicional. Serán 50.000 m2 de moda, deporte, arte urbano, cultura e todo o lecer indoor e outdoor que se poida imaxinar.

Como din eles: “X- Madrid será un espazo para os que senten que aínda non teñen o seu.

“Un lugar para reinventar a experiencia de compra e lecer”.

Merlín Properties é unha das principais compañías inmobiliarias cotizadas na Bolsa (Ibex-35), que ten como actividade principal a adquisición e xestión de activos inmobiliarios terciarios na Península Ibérica. Marineda City é un dos seus activos máis valiosos e a súa Directora de Marketing e compañeira, Lorena Rey, xunto co resto do equipo foron as nosas anfitrioas de luxo. Grazas!

Aquí tendes algunas fotos máis do evento.