Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Charla con Carlos Carro, do Grupo ARC Eurobanan
No último evento de Markea tivemos a sorte de contar con Carlos Carro, Marketing & Communications Manager Online /Offline do Grupo Eurobanan, empresa líder no sector da distribución hortofrutícola en España, con alcance mundial.
Carlos comezou amosando unha visión global do Grupo Eurobanan, que pertence á multinacional Total Produce. Algúns datos que amosan a sua dimensión son:
- Más de 38.000 empregados en todo o mundo
- 250 instalacións
- 39 países
- Mais de 490 millóns de caixas de produto
De seguido, pasou a relatar que están a facer na área de marketing.
Neste senso, veñen de detectar que o consumidor de froitas e hortalizas quere produtos locais, naturais, sans, prácticos, etc. e o labor de Carlos Carro é escoitar estas novas necesidades e adaptarse a elas. ¿Cómo o están a facer? Carlos púxonos dous exemplos:
- plátano deshidratado en bolsiñas (práctico)
- aguacate light (san)
Outro dos valores que están a traballar en Grupo Eurobanan que tamén e tendencia, é a sostibilidade. E neste caso, o equipo de Carlos están a procurar alternativas de envases sostibles que ademais cumplan os requisitos básicos para alimentación. Por exemplo, cunhas bolsas elaboradas dun material que é compostable e biodegradable ou cartóns FSC.
Pero, a sua inquedanza polo planeta non queda só neste apartado. Teñen moi presentes os #ODS (Obxectivos de desenvolvemento sostible) en toda a cadea de valor, así coma na vida dos empregados.
Por suposto, a tecnoloxía tamén está na sua folla de ruta e están xa a experimentar con realidade aumentada e códigos QR, por exemplo.
Grazas Carlos por adentrarnos nun mundo tan cercano, tan apegado ao noso día a día, e que ten tanto por descubrir, sobre todo despois de escoitarte. Foi un prazer aprender contigo.