skip to Main Content
LGx15

Charla de Markea en LGx15

Hai uns días o presidente de Markea, Xose Luis Reza, deu unha charla sobre o marketing e o galego como elemento diferenciador en Santiago de Compostela.

LGx15 é un proxecto para a difusión de ideas para o futuro da lingua galega, organizado pola CTNL (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua)

A través deste evento, persoas de perfil variado procuraron achegar ao público reflexións, accións.

Son charlas cunha duración máxima de 15 minutos, expostas de pé, sen atril e con apoio audiovisual, e gravadas en vídeo para ser posteriormente difundidas.

Moitas grazas polo convite!

Evento Lgx15