Celebramos o V Foro de Marketing e Vendas, co-organizado por Markea con APD, onde nos reunimos case un centenar de profesionais.

Charla sobre marketing no EFA Piñeiral
Hai uns días o presidente de Markea, Xosé Luis Reza, impartiu unha charla para os alumnos de Comercio e Marketing no centro de Formación Profesional EFA Piñeiral, en Arzúa.
A formación versou sobre “Como elaborar un plan de marketing no contexto da COVID-19″. Esta foi a tertulia inaugural do comezo de curso, e á que asitiron preto de 40 alumnos.
Moitas grazas polo convite e por contar con nós. Por moitas máis veces!