Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024

Chega Circularweekend
Desde Markea colaboramos coa iniciativa Circularweekend, encontro de innovación para a economía circular que terá lugar o 9 e 10 de novembro. Queremos convidarte a que participes deste evento único que está revolucionando o sector ambiental. Esta é a primeira edición celebrada en Galicia e lévase a cabo grazas ao patrocinio do Concello de Arteixo, que aposta por Circularweekend como pedra angular da súa política de fomento da economía circular.
Circularweekend trátase dun evento no que aprender a lanzar ideas circulares, circularizar modelos existentes e entrar en contacto con todos os axentes do sector. De forma práctica e con exemplos reais haberá charlas, talleres e asesoramiento para solucionar os retos da economía circular e lanzar novos proxectos.
Así será o CircularWeekend
- O venres día 9 falarase ademais das posibilidades da economía circular, como se poden financiar proxectos e coñeceremos casos reais de proxectos emprendedores. Tamén se farán propostas para circularizar modelos de forma colaborativa.
- Aplicarán a metodoloxía Ecocanvas e desenvolveranse en grupos de traballo as ideas presentadas polos asistentes (empresas ou ideas) coa axuda de mentores e con varias charlas de formación.
Se queredes completar a información e rexistrarvos aquí podedes facelo. E para coñecer como foi a edición do ano pasado en Valladolid, aquí un vídeo resumo