skip to Main Content
Whatsapp Image 2018 11 21 At 19.46.35 (1)

City Branding, a construcción de marca das cidades

Nesta ocasión, Silvia Fraga amosounos o importante que é crear marca dos territorios e cómo facelo, ao igual que dos produtos ou servicios que consumimos. Como cidadans, queremos sentirnos orgullosos do noso “fogar”, do noso lugar de orixe, da nosa cidade, e por iso e por facer atrativo o mesmo de cara ao turismo, os responsables dos territorios deben porse mans a obra.
Deixounos unha metodoloxía para a creación de marca territorio, cos seguintes pasos:
– Construcción dos valores da cidade e dos seus cidadáns e trasladalos á marca.
– Análise e diseño estratéxico da proposta de valorda marca cidade.
– Definición dos valores intrínsecos á marca e proposta de revalorización.
– Deseño do “city branding” en todas as suas variables (inclue imaxe e logotipo)
– Desenvolvemento completo da proposta, en clave interna (cidadáns) e externa (turismo)
Pasos que poden resumirse en tres actuacións concretas que aparecen na seguinte imaxe.
Construcción de marca ciudad
Silvia tamén falounos das tendencias neste eido e que nos poden ser outras que as que están influindo tamén nas marcas comerciais:
SOSTIBILIDADE
TRANSPARECIA
EMOCIONALIDADE (EXPERIENCIAS)
Por suposto, ao pensar nunha marca territorial, seguro que New York é a primeira que se nos ven a cabeza: “I love NY”. Antes da caída das torres xemelgas os neoiorquinos eran cidadáns do mundo, e despois pasaron a ser cidadáns de NY. ¿Qué vende esta cidade?: amor e seguridade.
Quizá nesta cidade a tendencia predominante é a da emocionalidade.
Falounos Silvia do proxecto NEOM, unha smart city que está en proxecto en Arabia Saudí, e que só usará enerxías renovables e terá 33 veces o tamaño da cidade de New York. Aquí podemos ver cómo a tendencia da sostibilidade é a principal característica.
Pero, non temos que ir tan lexos, xa que aquí en España temos grandes exemplos de cidades marca: Barcelona (con Toni Puig como precursor), Bilbao (experiencias), Vitoria (sostibilidae)… E ainda mais cerquiña, temos Vigo, Coruña e Oleiros, por exemplo, nas que os seus alcaldes fixeron (Paco Vázquez na Coruña) ou fan agora mesmo, un marketing do seu concello, ainda que a nivel político personal.
Tamén amosounos territorios asociados a marcas, coma Armani (moda con estilo) con Italia, reloxos con Suiza…. Son exemplos de construcción de marca país a través da marca comercial.
A diferencia esencial entre marca territorio e marca comercial son os cidadáns! Esa é a gran diferencia, a idiosincrasia e os valores da sua xente. Eso é o que sociolóxicamente marca a construcción dunha marca territorio.
O noso vende, e vende moito. Por iso moitas marcas comerciais usan os “territorios” na sua más ampla acepción para comunicar e emocionar, en definitiva, conectar cos seus clientes. Exemplos coma o último spot de Rua Vieja ou a campaña de “Vivamos como galegos” de Gadis, fannos sentir que somos dun lugar e que estamos orgullosos de selo.
Afterwork Vigo Noviembre 18