Lois Vázquez, coordinador de marketing de Visual Trans falounos sobre como implementar unha estratexia de marketing B2B orientada ás vendas
Como as metodoloxías áxiles poden axudar ao noso ecommerce?
O pasado mércores, Alberto Cochón, CEO de Infinity Ecommerce, explicounos de que maneira pode beneficiar ao noso ecommerce empregar metodoloxías áxiles.
O ecommerce desenvólvese a velocidades, dinámicas e regras moi diferentes ás do mundo offline. É indispensable coñecer a contorna online, onde a velocidade, adaptación, mellora continua e medición deben ser unha prioridade para que o noso ecommerce goce dunha boa saúde. E as metodoloxías agile, e máis concretamente Scrum, axúdanos neste propósito.
Vivimos nunha contorna VUCA
O mundo online onde operan os nosos ecommerce é volátil, é incerto, complexo e ambigüo.
- É complexo porque nel interveñen moitas variables
- É volátil porque se producen cambios a gran velocidade nas variables relacionadas
- É ambigüo porque non sabemos de que forma se conectan estas variables
- E é incerto, porque non temos a seguridade de que se produzan certos cambios
En todas estas variables, a estratexia para poder afrontalas e que afecten o menos posible ao noso ecommerce é adoptando unha metodoloxía áxil no noso traballo diario.
Como axudan as metodoloxías áxiles ao noso ecommerce?
As metodoloxías áxiles, como Scrum, non se formulan sobre a necesidade de anticipación, senon sobre a adaptación continua.
Nas metodoloxías tradicionais a xestión de procesos faise dunha forma preditiva. A estratexia de traballo é completa e cada unha das tarefas resólvese unha tras outra (en fervenza), sen interacción co cliente.
Nas metodoloxías áxiles, esta forma de traballar muda de forma rotunda. A xestión dos procesos é evolutiva e a estratexia do traballo é incremental ou iterativa (pártese dun produto inicial que se vai mellorando en cada sprint grazas ás interaccións co cliente). Ademais cada unha das tarefas solápanse xa que o obxectivo é a adaptación continua.
Unha das principais metodoloxías áxiles é Scrum. Alberto contounos que esta metodoloxía, que se popularizou en contornas tecnolóxicas, defende valores coma:
- Valorar máis aos individuos e as súas interaccións que aos procesos e as ferramentas
- Valorar máis o software funcionando que a documentación exhaustiva
- Valorar máis a colaboración co cliente que a negociación contractual
- Valorar máis a resposta ante o cambio que seguir un plan
E como se pode aplicar isto ao mundo ecommerce?
É totalmente posible traballar con metodoloxías áxiles nos nosos ecommerces, axencias de comunicación, marketing. E estas metodoloxías poden implantarse en empresas máis maduras, só hai que ter a vontade de cambio.
Por exemplo, podemos organizar o noso traballo por sprints semanais, axustar os nosos orzamentos en publicidade online de forma semanal, establecer unha mellora continua na UX da nosa tenda online…
Alberto Cochón contounos como dúas empresas moi coñecidas para nós, como Selmark ou Carrick, empregan as metodoloxías áxiles nos seus procesos. En Selmark faise unha revisión de forma semanal dos avances e o foco está máis claro para os deseñadores e grazas á figura do Product Owner (o dono do produto). Isto produce que se fagan axustes de forma ordenada e non caótica.
No caso de Carrick, grazas ao proceso Agile, o cambio da produción faise baixo demanda. Realízanse test máis económicos e permite axustar as características do produto máis rapidamente. Esta produción baixo demanda xera máis dinamismo e posibilidades de escalabilidade con menores inversións.
Moitísimas grazas Alberto por darnos tantas claves para darlle un xiro aos nosos ecommerces!
Non queremos deixar de agradecer ao Cluster da Comunicación a axuda na organización, ao Círculo, Dircom e Creatividade Galega polo apoio e difusión e a dinahosting polo patrocinio.