Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024

Como conseguiu Casa Grande de Xanceda vender os iogures máis caros do mercado?
Jessica Rey, directora de marketing de Casa Grande de Xanceda, contounos que España xunto con Rusia é un dos países máis desconfiados a nivel global. E que esto, unido ao contexto actual onde tardamos 2 segundos en elixir qué marca de iogur metemos na cesta, semella unha tarea moi difícil. Pero, Xanceda descubriu que as persoas estamos dispostas a cambiar de idea en troques de valores.
Valores que definen a Xanceda desde o seu inicio, e xa van mais de 50 anos: proximidade, sostibilidade e compromiso co territorio. Valores que lle deron a posibilidade de poñer uns precios elevados e ainda así ter éxito. Este compromiso podedes comprobalo pinchando aquí
Grazas a estudos sobre o comportamento dos usuarios, detectaron que o 72% dos cidadáns están dispostos a pagar mais por produtos fabricados de manera sostible. E este foi o detonante para crear unha marca con valores e cunha gran visibilidade das suas estrelas: 380 vacas, 6 mastíns e dous burros.
Jessica Rey presentou os grandes segredos da marca, desde as cociñeiras influencers até o famoso paso de vaca, etc. Sempre coas vaquiñas coma estrelas de todas as accións de marketing da marca.
Grazas Jessica por unha charla tan produtiva.