Tivemos un novo encontro dos afterworks con Isaac González, director de marketing de Reizentolo, que nos falou de xestión de crises
Como crear unha estratexia de marketing B2B orientada ás vendas
O pasado 20 de abril, celebramos un novo afterwork no Círculo de Empresarios de Vigo. Lois Vázquez, coordinador de marketing de Visual Trans falounos sobre como implementar unha estratexia de marketing B2B orientada ás vendas dende cero. Relatou as principais accións a levar a cabo, así como as métricas a ter en conta para garantir o éxito destas estratexias.
Ter unha visión global do funnel é fundamental na función do marketing en B2B. Isto ven porque o marketing entende de meter contactos no funil, pero tamén é necesario preocuparse da venda e da satisfacción.
O marketing é un servizo dentro da empresa e debe dar soporte ao departamento comercial, incluso entendendo que se deben medir como KPI de marketing os contactos / reunións / vendas.
Graciñas Lois por participar neste afterwork e achegarnos consellos tan útiles.