Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
¿Cómo é o marketing de Navantia?
José Luis Inogés, Director de Marketing 4.0 e Intelixencia Comercial de Navantia contounos, nesta xuntanza online, cómo están a desenvolver o traballo no departamento de marketing dunha empresa que non estaba acostumada a telo. De feito, o departamento ten só un par de anos de vida.
Explicounos José Luis que Navantia ten catro áreas de negocio:
- Militar
- Reparaciones
- Sistemas motores
- Eólica ou diversificación (construcción civil)
O sector onde ten mais peso Navantia, o da defensa, non era moi sensible ao marketing ata o de agora e polo tanto a empresa tampouco sentía a necesidade. A venda facíase centrándose só nos aspectos técnicos. Pero de un tempo a esta parte detectaron que esto non chegaba sobre todo de cara a entrada en novos mercados.
O cambio deuse cando deixaron de ser unha empresa que falaba de productos (barcos) a ser unha empresa de servizos e novas tecnoloxías.
No departamento de marketing conviven tres áreas conectadas, coma son:
- Ferias, conferencias e eventos
- Marketing
- Intelixencia comercial, área que obtén a información do que sucede no mercado coa que alimenta as outras dous áreas.
Pero ademáis, crearon un grupo de traballo multidisciplinar e voluntario que se reúne cada mes para propoñer ideas. É o Grupo de innovación en marketing, formado por persoas de diferentes categorías e áreas da empresa. Algunhas das ideas que de alí sairon e que hoxe son unha realidade:
- Simuladores que entregan incluso antes de que o barco esté listo, para que a futura tripulación poida ir coñecendo a embarcación.
- Aplicación de realidad aumentada no proceso de comercialización do barco que facilita a visualización dos elementos que incorpora o buque.
- Modularización das partes do barco co que o cliente pode seleccionar qué partes quere e cales quere modificar.
E non queríamos rematar este post sen mostrar un dos proxectos mais novos da empresa e que deixa moi claro que Navantia é unha empresa tecnolóxica de primeiro nivel.
Trátase da presentación da fragata F110, que nos fixo onte José Luis e que disfrutamos tanto.
Grazas José Luis por contarnos cousas tan interesantes dun sector e dunha empresa que non sabíamos que estaba a facer tan bo marketing. Esperamos poder visitala mais pronto que tarde.