Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024

Como gañar clientes sen perder diñeiro con Google Ads
Nun auditorio cheo, Sonsoles Fariña de Iconweb, foi a conferenciante do Afterwork de maio, en Vigo. Falounos das posibilidades que a ferramenta de Google (Ads) nos ofrece para crear campañas, as súas múltiples vantaxes na segmentación e como optimizar o investimento en tempo, tendo en conta que Google Ads segue a ser un dos canais máis importantes para captar clientes a día de hoxe.

Foi un Afterwork innovador xa que todos os presentes puideron poñer en marcha a súa campaña in situ, a través do taller práctico que coordinou Sonsoles. Mostrounos como comezar unha campaña dende o inicio, e definir os factores e estratexias a ter en conta para a sua optimización.
Unha vez máis, Markea axudou a achegar ferramentas de marketing ao público e a mostrar opcións para achegar a nosa proposta ao mercado sen necesidade dun gran orzamento.

