Lois Vázquez, coordinador de marketing de Visual Trans falounos sobre como implementar unha estratexia de marketing B2B orientada ás vendas
Como incrementar a captación de leads para o noso negocio?
Onte celebramos o primeiro afterwork na casa do ano 2023, e fixémolo cunha masterclass que de seguro nos axudará a todos a incrementar a captación de leads para o noso negocio. O protagonista foi Alberto Hernández, director de Marketing online de Atrato Media, e a conversa foi moderada por Juanpe Granados, CEO da axencia luguesa Estati.co.
Cando falamos dun lead cualificado hai que ter en conta todo o funnel de conversión. É fundamental saber sobre o noso funil de conversión, dende a consecución do lead ata a xeración da venda. Aí o usuario vai pasando por diferentes fases: coñecemento, consideración, venda e retención.
Meta Ads, campañas de busca e display de Google Ads, Linkedin, TikTok for business, e xestionan campañas de content, SMS e email marketing.
Como cualificar o lead?
Primeiramente é vincular a campaña co obxectivo. Alberto comentounos o caso da campaña que fixeron con Kroma en Facebook Ads, onde conseguiron máis de 300.000 impresións e centos de leads. De por si, a comunicación vende por si soa, xa que existen moi poucas clínicas en España que poidan mudar a cor de ollos.
No sector dental e no estético funcionan moi ben as demos dos tratamentos e vídeos de como se fan intervencións, que aportan moita confianza aos clientes.
Sempre se debe buscar que o CPA sexa positivo para que unha campaña sexa exitosa.
Ferramentas para captar leads:
Facebook Ads
O Control de audiencias é fundamental, que consiste en atopar audiencias similares dentro da plataforma, para que o lead se cualifique moito mellor. Sempre que montan unha campaña en Facebook, crean un pixel de FB que insertan na web. Con todos eses datos, pídenlle a Facebook que atopen audiencias similares á da web, polo que é un lead moito máis cualificado.
Listas de clientes. Podes subir a túa base de datos a Facebook, polo que lle estamos indicando ao algoritmo que atope públicos similares a esa base, e mesmo á mesma base de datos.
A cualificación destes leads adoita ser moi superior.
Meta sources. O formulario de clientes potenciais consiste en que cando un formulario se deixa incompleto, recórdaselle ao usuario mediante un anuncio que ten un formulario pendente de completar. Tamén o empregan nas contas de Instagram.
Zapier. Emprégana para conectar os leads de Facebook cos operadores de call center. Esta conexión faise momentánea, xa que é fundamental captar un lead “quente”.
Google Ads
No caso dos anuncios de Google Ads, empregan SemRush, e fan unha pesquisa de palabras claves, tanto as buscadas para o cliente, como as que emprega a competencia.
Alberto repasou os diferentes tipos de anuncios.
Landing Page
Formulario sinxelo para evitar fugas, é fundamental que non haxa links que fagan que o usuario poida deixar incompleto o formulario. Tamén é fundamental traballar con landings responsive, e que se vexan correctamente en móbiles e tablets.
Google Analytics
Fundamental o uso das métricas que nos dean pistas sobre que páxinas visita o usuario, durante canto tempo, etc.
TikTok Ads
Target moi vinculado a un rango de idade entre os 16 e os 30 anos. Hai que adaptar o target coas súas necesidades, por exemplo, unha clínica de ortodoncia podería facer un anuncio de Ads, pero se queres vender implantes ou dentaduras postizas, mellor usar outra plataforma.
Amazon Ads
Fundamental se vendes produtos en Amazon e queres que eses produtos teñan máis visibilidade.
Email marketing
Unha vez xerado o contacto e a venda, é fundamental facer email marketing e manter viva a comunicación cos nosos clientes.
SMS
Dun tempo para hoxe, as porcentaxes de conversión e apertura aumentaron e están próximas a un 20%, polo que é unha ferramenta fundamental para a xeración de leads. Alberto comentounos que empregan SMS para xerar unha nova venda, ou que poida posibilitarse unha venda cruzada con familiares e amigos.
En que se diferencia un lead cualificado do que non o é?
Alberto indicounos para finalizar, que un lead cualificado é cando un usuario ademais de subscribirse a un formulario, demostra máis interese, contestando á chamada do call center por exemplo.
Un CPL correcto dependerá do produto que vendas. Por exemplo, se vendes implantes dentais, que custan moito, tes marxe, pero se vendes algo económico, tes que buscar un CPL baixo.
Moitas grazas Alberto por participar no afterwork e darnos tan bos tips para as nosas campañas de captación de leads.
Compartimos o vídeo do afterwork: