Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024

Como medir a presión publicitaria das túas campañas
Moitos dos profesionais do marketing non coñecemos de que se trata o termo de GRP, e por iso Alfonso Boullosa, Director Noroeste de Avante Evolumedia, quixo explicárnolo.
Antes de comezar, Alfonso primeiro deu conta de cales son as ferramentas de avaliación máis coñecidas en prensa e televisión, e cales son os criterios de avaliación máis frecuentes para as nosas campañas. Principalmente sería o target, que inclúe sexo, idade, ubicación ou sector, entre outras moitas variables.
Feita esta introdución, Alfonso meteuse en materia e indicou que GRP vén de Rating Point, unidade de medida da audiencia, o 1% do grupo obxectivo ao que eu quero chegar. Se por exemplo o meu target son 2.500.000 persoas, o Rating Point sería 25.000, que é o 1% do target total.
O significado de GRP é Gross Rating Point, e consiste na suma total das porcentaxes de Audiencia (Rating Point) de cada unha das insercións da nosa campaña. O GRP calcula o número de impactos da campaña por cada 100 persoas do público obxectivo de cada un dos nosos impactos (pases ou insertos).

Por exemplo, se queremos orientarnos cunha campaña a poboación menor de 20 anos dunha determinada cidade, por exemplo, 300.000 persoas, e conseguimos 500.000 impactos, o resultado sería 166 RGP.

Os GRP non teñen en conta as duplicidades entre soportes e a repetición de impactos sobre a mesma persoa, polo tanto, tamén debemos ter en conta outras dúas métricas como a Cobertura (Reach) e a Frecuencia media de contactos da campaña (OTS – Opportunity To See).
Alfonso explicou que coñecer os GRP permítenos planificar moito mellor as nosas campañas, e foi poñendo diferentes exemplos de medios impresos, televisións, redes sociais e medios dixitais moi recoñecidos. Os GRP axúdanos a saber onde temos que mirar e como medir os nosos resultados.
Moitas grazas Alfonso por refrescarnos este concepto a algúns, e por ensinárnolo a outros. E tamén graciñas a ao Cluster da Comunicación pola axuda na organización, ao Círculo, Dircom e Creatividade Galega polo apoio e difusión e a dinahosting polo patrocinio.