skip to Main Content
Presentacion Alltogether Design 3

Como o deseño 3D se pode aplicar á nosa estratexia de marketing e publicidade?

Se te estás a preguntar como é posible integrar deseño 3D, marketing e publicidade non podes perderte este post. Roberto Hernández, xerente de alltogetherdesign, explicounos que a virtualización dos procesos de deseño estableceron un punto de encontro entre os creativos do deseño gráfico e o marketing. Actualmente, o crecemento do uso de softwares 3D permítennos crear contidos de elevada utilidade para o noso sector.

O 3D permite a xeración de contidos gráficos cun alto nivel de realismo, sempre tentando simular a natureza dos materiais: pintura, cromados, materiais…

Roberto Hernández

Por que debería interesarche traballar co 3D?

A resposta é clara, o 3D é versátil e permíteche aforrar en tempo e custes.

A través do 3D podes representar de forma realista a realidade, pero tamén a podes modificar ao teu antollo. Facer traballos sobre unha peza real é moi custoso, por iso o 3D vén a axudarnos a xerar contidos que aportan moito valor e que serven para diferenciarnos da nosa competencia.

O 3D axuda a xerar novas narrativas visuais entre un obxecto real e unha ficción.

As vantaxes do seu uso son:

  • Aforro económico ao non ter que fotografiar os elementos por separado e ao non ter que preparar a escenografía e iluminación.
  • Evitar variabilidades entre fotografías polos cambios da iluminación. Ter sempre a mesma iluminación e moi complexo.
  • Aforro de tempo, ao prescindir da preparación do plató (iluminación, set fotográfico, desprazamentos dos profesionais…)
  • Os custes de posprodución tamén son menores, xa que as imaxes se xeran automaticamente e non hai que usar o PhotoShop para modificalas.
  • Factor diferencial fronte a competencia, ao ir un paso máis alá.

Aplicación práctica

Roberto Hernández exemplificounos sobre o uso do 3D nas áreas de marketing e comunicación:

  • Elaboración de catálogos de produtos, coas súas variantes de cores, tamaños, cromados, estampados, materiais…
  • Xeración de galerías de imaxes nas webs, creando múltiples versións dunha mesma fotografía, en definitiva, trátase dunha reutilización dunha mesma imaxe para realizar outras moitas.
  • Creación de prototipados mediante infografías, antes de que o obxecto estea fabricado, o que supón un tempo de aforro e custes.
  • Construción do packaging de produtos incluso antes de que ese material estea realizado.
  • Xeración de imaxes e gifs para dinamizar as redes sociais.

Roberto Hernández rematou a súa ponencia explicando que o 3D bebe da fotografía, pero ten múltiples vantaxes.

A evolución do 3D camiñará cará a realidade aumentada. Isto supón que o propio usuario interactúe co obxecto e que o poida ver en formato 360º, apreciando cada un dos detalles da peza.

Graciñas Roberto por achegarnos o mundo do 3D e explicarnos a utilidade para o sector do marketing.

Non queremos deixar de agradecer ao Cluster da Comunicación a axuda na organización, ao CírculoDircom e Creatividade Galega polo apoio e difusión e a dinahosting polo patrocinio.