Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Como o marketing de influencers pode axudar á túa estratexia de negocio
Mónica Sors, influencer e experta en comunicación dixital, indicou que Instagram segue sendo a rede social máis relevante e que máis monetiza, poñendo o acento no formato vídeo para desenvolver estratexias comunicativas de éxito.
Mónica comezou explicando as diferencias entre os diferentes formatos. Hai uns anos a publicación estrela era a fotografía con texto que podías consultar no taboleiro. Os influencers narraban as súas experiencias probando o produto, mencionaban á marca, poñían hashtags e podían deixar un enlace, co compoñente negativo de non ser clicable.
Agora mesmo as stories é o tipo de publicación máis demandado. Duran apenas 24 horas, pero logran conectar máis cos seguidores ao ser un contido máis real, natural e de fácil consumo, que permite poñer enlaces. Durante a corentena tamén se puxeron de moda os directos que permiten consumir un vídeo en directo e crear debate facendo comentarios e preguntas.
Para vídeos máis grandes Mónica Sors recomenda Instagram TV onde podes publicar vídeos en formato vertical de máis dun minuto e poñer enlaces aos produtos que amosas para facilitar a recomendación.
Os blogs e os contidos de afiliación.
Os blogs e os seus contidos viviron un baixón de visitas nos últimos anos, pero Mónica resaltou que moitas marcas seguen solicitando a recomendación mediante unha postaxe. A creación de contidos beneficia o posicionamento orgánico da marca promocionada e á súa estratexia de linkbuilding.
Ademais, a publicación de enlaces de afiliación permiten parametrizar mediante UTM as vendas recomendadas dunha forma moi fácil.
Tendencias
Segundo Mónica Sors, o vídeo seguirá mandando nos próximos anos pola súa facilidade de consumo. Respecto a Youtube, a influencer sinala que hai que telo moi en conta, pero a clave está en non reutilizar a mesma peza, senón en realizar diferentes formatos do mesmo contido para cada rede social, pero ben orientados.
En relación a TikTok, a influencer sinala que non só está formada por adolescentes, senón que centos de marcas están centrando as súas estratexias nesta rede social porque o seu target tamén está aí. Destaca Mónica como vantaxes a súa facilidade de uso e que non é preciso crearse un perfil para ver vídeos.
O Marketing de influencers
Mónica Sors rematou a súa ponencia poñendo en valor a personalización das campañas e a relevancia dunha boa comunicación entre influencer e marca. Ela afirma sentirse máis a gusto traballando cun briefing menos pechado que permita facer o post ou vídeo máis natural e crible e a través das embaixadurías. Ser embaixador dunha marca permíteche construír unha relación a longo prazo, o que axuda a facer máis cribles cada unha das colaboracións estipuladas.
Para abrirte perfís en redes sociais e chegar a ser influencer, debes ter paciencia e facelo só porque che gusta. E o máis importante, debes deixar sempre a túa marca persoal para non ofrecer o mesmo contido que o resto de influencers.
Graciñas Mónica por darnos esta visión real do marketing de influencers e vémonos nas redes!
E un gran aplauso aos membros do Comité Técnico de Flúor que coa súa implicación e esforzo lograron que o Flúor siga sendo un evento de referencia congregando a case 900 espectadores. E como non, aos patrocinadores polo seu apoio: Concello de Pontevedra, Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, iconweb, Roi Scroll, Avante Medios, Bysidecar, dinahosting, Deputación de Pontevedra, Cactus Digital, Miraveo, Redegal e ao Clúster da Comunicación.