Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Coñecemos as profesións dixitais dos empregos con futuro
O fundador da plataforma educativa Edix, o emprendedor galego Juanjo Amorín, falounos do poder que teñen as tecnoloxías exponenciais para transformar as profesións do sector do marketing e da comunicación.
Juanjo é un dos emprendedores máis coñecidos do noso país (foi director de Terra, director de contidos online de Telefónica, director xerente de 20 minutos e fundador de Kedin) e ao longo dunha traxectoria de máis de 20 anos fundou 14 empresas. Edix é a súa aventura máis recente, unha plataforma de formación online que ensina 50 profesións do futuro, e con futuro.
E é que os departamentos de marketing tal e como os coñecemos deixarán de existir nos próximos anos e buscaranse perfís hiperespecializados nas tecnoloxías exponenciais (big data, analítica, cloud, nanotecnoloxía, iOT, 5G, 3D printing, blockchain ou intelixencia artificial).
Novas tendencias
Por exemplo, segundo Deloitte UK, unha das tendencias que fará que as empresas de retail teñan éxito nos próximos anos será a inversión en mellorar as experiencias do cliente. Só o sector retail dentro dos ecommerce alcanzará os 4.800 billones de dólares no ano 2021, de acordo a Statista. IA
O mercado da análise do comportamento do consumidor tivo un valor próximo aos 4.000 millóns de dólares en 2019 y espérase que supere os 10.000 millones en 2025, crecendo anualmente un 18,2% entre 2020 e 2025. Big Data
O tamaño do mercado de adestramento e simulación virtual valorouse en máis de 200 mil millóns de dólares en 2019, e proxéctase que alcance cerca de 580 mil millóns para 2027, crecendo a unha taxa composta anual do 13.4% de 2020 a 2027. VR
A análise de audiencias alcanzará un valor de mercado de máis de 6.000 millóns de dólares en 2023, cun crecemento anual próximo ao 12%. AI e Big Data
O mundo terá que invertir nun modelo de educación e formación dixital. Esa idea de que primeiro fórmome e despois busco un emprego desapareceu. Como conclusión, Juanjo animounos a manternos en constante formación e gañarlle a carreira ás tecnoloxías exponenciais.
Un non gaña sendo igual que os demais, senón sendo único.
Philip Kotler
Graciñas Juanjo Amorín por participar neste sexto afterwork na casa.
E como non grazas ao Cluster da Comunicación por axudarnos na organización, ao Círculo, Dircom e Creatividade Galega polo apoio e difusión e a dinahosting polo patrocinio.