skip to Main Content
Xd88ra08x4aaj3b 768x432.jpg.pagespeed.ic.rlelhlkttv

Congreso Flúor, a gran festa do marketing dixital!

Os markers do Atlántico reunímonos a semana pasada no Congreso Flúor de Marketing Digital, en Pontevedra. A verdade que nos despedimos co mellor dos sabores de boca polos resultados obtidos. Cando se traballa moito e con cariño, as cousas saen.  Xa estamos esperando o #Fluor20

Dende aquí gustaríanos agradecer o apoio dos colaboradores e patrocinadores (Clúster, Dircom, Concello de Pontevedra, Xunta de Galicia, Abanca, Iconweb, BySidecar, RoiScroll, Galicia Calidade e dinahosting). Aos nosos relatores, graciñas por inspirarnos tanto, e sobre todo, un agarimoso recoñecemento a Alberto Garnil, polo currazo. Fixémolo posible!

Resumímosvos de forma moi breve todos os contidos do Congreso Flúor. Nas próximas semanas iremos subindo de xeito máis estendido algunhas das ponencias 🙂

Usa os datos para tomar decisións estratéxicas

Tristán Elósegui contounos que non serve de nada manexar milleiros de datos se non os contextualizamos nin analizamos para sacar conclusións.

Precisamos unha estratexia social nas nosas organizacións

Juan Duce dinos que nos estamos tranformando a un ritmo exponencial, pero non nos esquezamos que debemos pensar sempre nas persoas. A toma de decisións debe facerse dende un punto de vista emocional,

A voz, a túa mellor ferramenta de marketing

A voz é unha das mellores ferramentas para expresar emocións, atributos e identidade da marca, segundo Roberto Carreras, de Voikers.

O teu cliente é o máis importante

Teresa Álvarez, de Dyson, contounos que a experiencia de cliente é a arma máis importante para desenvolver a nosa estratexia de marketing, e repasou as diferentes fases do customer jouney. Tamén puxo en valor o poder dunha review feita por un cliente real.

Teresa Álvarez, de Dyson

Trata ao teu cliente dunha forma única no teu ecommerce

Marcelo Toural, de Krack e Sergio Valero, de Valentina, déronnos as claves para un ecommerce de éxito: aproveita a omnicanalidade, usa a creatividade para destacar, bota man dos dashboards para medir a temperatura do teu cliente e usa o marketplace para expandir o teu negocio.

Máis marketing, menos online

A estratexia é clave no teu negocio e sen ela non hai marketing.

Así nolo contou Javier Varela, de Gradiant. Amais, debes coñecer ao teu cliente ao 100% para ser máis relevante.

Personaliza os teus negocios

Pol Vilá aconsellounos sempre traballar a personalización en todo tipo de negocios, pondo como exemplo as plataformas de suscripción,  para convencer a un cliente moi esixente.

Rompe co establecido e ponte nos zapatos do outro

Martín Pietragalla deunos uns bos consellos para crear a nosa marca.

  • Rompe co establecido
  • Ponte nos zapatos do outro
  • Faite cargo do impacto xerado
  • Dá ferramentas ao teu público

Estereotipos, diversidade e xénero na publicidad

Sabías que só un 3% dos postos de liderado no sector están ocupados por mulleres? Desde a comunicación e a publicidade podemos influír e cambiar a situación segundo Nuria Serrana, Zinthia Álvarez, Chío Infante e Sonia Barros.

Storytelling para a túa marca

Con Daniel Scheigden, Marketing Manager de New Balance, e José Rodríguez, de Avante Medios, coñecimos a importancia do storytelling  para a túa marca.

Coida dos teus datos

O dato é poder. Eres consciente de todos os datos que regalas ás marcas e da publicidade que lles fas gratis? Reflexionamos disto con Juan Luis Polo, socio de Good Rebels.

Juan Luis Polo, de Good Rebels @Flúor

Día 2, rematamos da mellor forma posible

Fai publicidade para móbiles

Segundo Noelia Amoedo, de MediaSmart debemos deseñar accións concretas para o móbil e non descoidar a xeolocalización para a publicidade mobile.

A confianza e a credibilidade, claves no marketing de influencers

Rocío Cano, Ana Fernández, La Pelo e Fátima Sánchez comentaron que xerar confianza e a credibilidade son importantísimas para campañas existosas con influencers. Para iso as marcas deben dar liberdade aos influencers para adaptar as súas mensaxes.

Linkedin para a túa empresa

Rosanna Blasi, Manager Enterprise de Linkedin España, puxo sobre a mesa a importancia del social selling e de ter o teu perfil traballado e coidado antes de facer convites para conectar.

O vídeo marketing está en auxe

Pablo Cimadevila falounos da súa experiencia persoal coma youtuber e deixounos un bo consello: menos e máis. Se non tes tempo para ter cincuenta redes, ten dúas, pero actualizadas.

As redes sociais van desaparecer?

Javier Regueira, falounos sobre a socialmedia involution e o panorama ao que apunta o futuro: as redes sociais poden desaparecer e sinala tres escenarios: apocalipse, pasotismo ou volta ao contido interesante?

Aporta información útil

Carlos Fernández, Head of Digital en Iberdrola  falou do postureo dixital actual, onde hai moito ruido pero pouco contido interesante.

 

Agardamos que este contido che fora de utilidade e que o poidas ir aplicando ao teu negocio. Pronto máis, así que presta atención ás nosas redes 🙂