Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Cumprimos 7 anos. E xa somos 131 marketerxs!
E para celebralo reunímonos ao redor dunha mesa, como non podía ser doutra maneira.
Coma xa vén sendo tradición, tivemos que facer manualidades que, grazas aos xogos ideados por Salvador Corroto, fixeron moi fácil romper o xeo, se é que quedaba… aínda que o crebacabezas case nos volveu tolos a algúns 😉
A nosa directora, Ana Caruncho, contounos como neste 2019 fomos cumprindo as promesas que nos fixemos o 12/12/12:
- Convidamos a grandes profesionais para aprender deles: Adriana Domínguez (CEO, Adolfo Domínguez), Gemma Abujas (Marketing Manager, Pescanova), Manuel López (Director Marketing, Disashop), Andrea Suárez (Directora Marketing, Merlin Properties), David Díaz Robisco (Taller de LinkedIn)
- Coñecemos as nosas empresas por dentro: Pull&Bear, Adolfo Domíguez, Pescanova, Disashop, MEGA.
- Procuramos facer chegar a idea de marketing a diversos colectivos: Colexio de economistas de Ourense, Ser empresarios Vigo, Confederación de empresarios Ourense, Anfaco, afterworks mensuais en Vigo, Coruña e Santiago.
- Elaboramos e presentamos o cuarto Observatorio de Marketing de Galicia, coa colaboración de iuni e Avante
- Axudamos a Terra de Homes a definir novos produtos
- Seguimos ao fronte do Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia:
- Revista Rúbrica
- Congreso FLÚOR
- Foro Comunicación + Premios Paraugas
Ademais, Xose Teiga amosounos o borrador da campaña publicitaria que en 2020 lanzaremos, para darlle valor ao noso traballo. Sen dúbida, dará que falar 🙂
Vaia, que non paramos!! E que como marketerxs que somos, vai no noso ADN.
Para terminar, fixemos un avance das visitas e talleres que nos esperan de cara ao ano que vén. Así que, xa sabedes, estade atentos aos mails do presi e as redes sociais para participar en todo o que poidades e aproveitar os aprendizaxes que nos levamos de cada acción.
Grazas tamén a Diego polas botellas personalizadas e a Rubén por esa suscrición de balde. Que mal acostumados nos tedes!! 🙂