skip to Main Content
Img 3950 Copia 3

Cumprimos dous anos de vida

O pasado 12 de decembro cumpríanse dous anos dende a presentación en sociedade de Markea. Unha data que se aproveitou para celebrar a Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación. Unha comida de Nadal entre compañeiros que serviu para facer un repaso das actividades que a Asociación leva a cabo ao longo do ano, para presentar as contas anuais e, nesta ocasión, como cada dous anos segundo os estatutos, para celebrar eleccións á Xunta Directiva.

 

A este respecto hai que subliñar que se incorporan á Xunta Directiva de Markea Ángeles Montecelo e Juan Carlos Silva en substitución de Victor Stern e Miguel Ángel Souto que, debido ás súas novas actividades profesionais, decidiron deixar paso a outros socios. Tanto Victor como Miguel foron dous dos grandes instigadores para que Markea sexa hoxe unha realidade, e dende este espazo queremos dárllelas grazas por ese gran empurrón. De non ser por eles Markea non existiría.