skip to Main Content
Whatsapp Image 2020 02 27 At 10.20.05 (1)

Deseño e Branding: “Pequenos negocios que parecen grandes e grandes negocios que parecen pequenos”

Andrea Espiña, da axencia Lachary, contounos o mércores pasado o importante que é o correcto uso da imaxe de marca para calquera negocio, sexa grande ou pequeno.

Andrea compatiu con nos cómo cada elemento do branding conta e aporta o seu graiño de area na construcción das marcas, porque todo é “branding”: desde o color elixido para a imaxen, coma o correo electrónico que se envía ou as publicacións que se comparten.

Andrea Espiña, Directora creativa de Lachary

Tamén indicounos a maneira de ser mais efectivos no impacto no noso target, definindo de forma precisa e eficaz a nosa personalidade de marca.

Animounos a aproveitar o valor diferencial das nosas empresas e potencialo. Incluso contounos cómo atopalo, cousa nada fácil as mais das veces. Para iso, amosounos a regra do 5%, que é aquelo que nos diferencia, que pode estar na historia da empresa, no área de actuación, na tua maneira de facer as cousas, etc.

Unha xornada moi interesante, na que aprendemos que pequenos negocios poden parecer grandes, e viceversa. Grazas a Andrea polas ensinanzas que seguro aproveitaremos.

Tomando apuntes

Grazas ao noso patrocinador Dinahosting

.