Unha vintena de persoas asociadas a Markea coñecimos as instalacións da Corporación Radio Televisión de Galicia en San Marcos.
Do global al local a través do caso de iRobot
O último afterwork do ano foi protagonizado por Vilma Otero, Directora de Marketing de iRobot, empresa que está detrás da famosa Roomba. Con Vilma coñecemos como trazar unha estratexia de marketing dende unha multinacional americana cara un mercado local.
Para que vos fagades unha idea, iRobot é unha empresa americana que cotiza en bolsa, e que leva vendidos máis de 40 millóns de robots.
Mercado en España
España é o primeiro país europeo en canto a vendas de iRobot, con máis dun millón de roombas vendidas. En definitiva, están nunha etapa de madurez en canto á súa penetración no mercado.
Non sucede o mesmo noutros países europeos, que están en fases de introdución ou crecemento. Polo tanto, teñen que falar máis de beneficios que de funcionalidades.
Vilma amosounos diferentes anuncios americanos e europeos, onde foron adaptando:
- Mensaxes e copys
- O público obxectivo e os consumidores
- Lugares adecuados para a comercialización do producto
- Coherencia das mensaxes adaptadas ao ciclo de vida do produto
- Diferencias dos diferentes mercados a nivel distribución e comercialización
Linguaxe e cultura
Vilma xa o introduciu no punto anterior, pero o ton, a linguaxe ou a forma de ser é moi diferente entre os cidadáns de Xapón, Estados Unidos ou Alemaña. Polo tanto os copys das campañas teñen que adaptarse a cada mercado, aos seus gustos, forma de comunicarse e maneira de vivir. Para iso contan con lingüistas e especialistas que lles axudan a entender mellor ao consumidor e o mercado.
Por exemplo, Vilma comparou dúas campañas de iRobot para comunicar que os sensores dos robots evitan pasar por riba de obxectos ciscados no chan.
Innovación local
E como exemplo da adaptación ao mercado local, en España realizan campañas mensuais. Por exemplo, na campaña Roombamatch fomentaban as compras conxuntas co claim,”Amigos con derecho a Roomba”. Noutros países esta campaña pode que non funcionase tan ben como en España, polo que volvemos á importancia da adaptación.
Graciñas Vilma por esta exposición, porque foi moi interesante ver que as mensaxes non se replican dun país a outro, senon que hai unha adaptación ben estudada.