O IEDM é xa un informe de referencia para entender como ven o futuro inmediato máis de 200 directores e directoras de marketing do territorio
En Markea estamos preparados para o novo RGPD
Hoxe tivemos un almorzo de traballo moi produtivo con Alicia Piña, de Aligale Abogados, que resolveu todas as dúbidas sobre a inmediata entrada en vigor da nova normativa de protección de datos.
Alicia falounos das obrigas, por suposto, pero recalcou que non as debemos ver coma obstáculos para que o noso negocio prospere. Ao fin e ao cabo esta lei permite protexer o noso activo máis importante, os nosos clientes, frente a unha posible competencia que o ten en conta simplemente coma un número.
